Campelo: ADEGA responde con contundencia a la decisión del Supremo

 Á Perante o anuncio do Tribunal Supremo (TS) mediante nota informativa relativa á casación promovida pola Xunta e Greernalia da anulación por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) da autorización do parque eólico Campelo (nos concellos de Coristanco e Santa Comba), resolvendo revogar dita anulación, dende ADEGA manifestamos o seguinte:  
Trátase dun pronunciamento agardado, xa que o TS está a aplicar os mesmos argumentos da sentenza pola que anulou en casación o ditame do TSXG sobre o repotenciamento do parque eólico de Corme. 
ADEGA, como parte demandante neste procedemento, agardará a coñecer o contido íntegro desta sentenza  do TS e a súa fundamentación xurídica para pronunciarse publicamente sobre as súas potenciais repercusións e decidir sobre as eventuais accións legais a interpoñer, se estas tivesen cabida. 
Queremos lembrar tamén que, como consecuencia da anulación polo TS da sentenza do TSXG sobre o repotenciamento do parque eólico de Corme, o alto tribunal galego elevou unha cuestión prexudicial ao Tribunal de Xustiza Europeo (TXE). Esta cuestión atinxe directamente ás cuestións casacionais invocadas polo TS para anular a sentenza do PE Campelo, polo que a súa resolución afectará tamén a este procedemento. 
ADEGA mantén o seu firme propósito de acudir a todas aquelas instancias precisas para seguir defendendo os intereses xerais e o medio ambiente galego dun modelo eólico depredador e espoliador co noso territorio.
Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios