Betanzos homenaxea a Dolores Vázquez co premio Úrsula Meléndez de Texeda  

A alcaldesa, María Barral, entregou o premio Úrsula Meléndez de Texeda a Dolores Vázquez Mosquera, nun acto institucional que contou coa presencia de concelleiros/as da corporación e cerca de 300 personas que arrouparon a homenaxeada na aula de Cultura do edificio Liceo. O premio foi acordado na Comisión Municipal de Nomenclátor na que, a proposta do grupo municipal socialista, aprobouse por unanimidad (PSOE, PP, BNG e non adscritos) otorgar este recoñecemento co que o Concello pon cada ano en valor a figura da muller dentro dos actos conmemorativos do 8 de marzo.

Na súa intervención, a alcaldesa explicou que o de hoxe  é un deses días marcados en vermello no calendario do Concello coa entrega do Premio Úrsula Meléndez de Texeda que dende hai anos o Concello otorga a unha muller ou colectivo de mulleres que de xeito persoal ou profesional contribúe á igualdade entre as persoas, á igualdade entre homes e mulleres.

Nesta ocasión, indicou a alcaldesa, “é para min un verdadero orgullo decir que a proposta do grupo municipal socialista foi aprobada por unanimidade da Comisión de Nomenclátor do pasado 11 de marzo, e o Premio Úrsula Meléndez de Texeda 2025 é para a betanceira Dolores Vázquez, Loli Vázquez”.

“É un día especial porque estamos aquí para facer algo que quizais debíamos ter feito hai moito tempo: recoñecer, honrar e, sobre todo, pedir perdón a unha muller que sufriu unha das maiores inxustizas da nosa historia recente. Loli Vázquez, este pobo, o teu pobo, débeche moito máis que palabras. Debémosche xustiza, dignidade e a calor que che foi arrebatado cando máis o necesitabas”, afirmou, emocionada, a primeira edil.

Recordou que Dolores Vázquez foi “vítima dunha sociedade que, en lugar de protexerche, sinalouche. Dun sistema que, en lugar de ampararche, condenouche sen probas, sen razóns e sen humanidade. E mentres ti sufrías en soidade, a túa familia, e os teus amigos, -moitos deles hoxe aquí presentes- nunca dubidaron de ti, en especial as túas irmás, Carmiña, hoxe aquí presente xunto ao teu cuñado e a túa irmá Elvira, que desde Inglaterra estou segura que hoxe está a celebrar este recoñecemento”.

María Barral, en nome de todos os betanceiros e betanceiras, expresou o seu desexo de  “romper o silencio e dicirche, co corazón na man: sentímolo. Perdón por ser vítima dunha sociedade inxusta. Perdón por uns poderes do estado que non estiveron ao teu lado como merecías. Perdón por cada mirada inxusta, por cada dúbida, por cada codazo, por cada xesto de abandono…Pero hoxe tamén estamos aquí para dicirche algo máis: querémoste e admiramoste. Admiramos a túa fortaleza, a túa enteireza, a túa dignidade. Porque, a pesar da dor, nunca te rendiches. Porque, aínda que tentaron arrebatarche todo, nunca perdiches a túa esencia, nin a túa verdade”.

Trasladou a Dolores Vázquez que “Betanzos é, e sempre será o teu fogar. Aquí tes a túa xente, que hoxe che abraza co respecto e o agarimo que sempre debemos darche. E aínda que nada poida devolver o tempo perdido, queremos que saibas que este pobo lévache no seu corazón, e que a túa historia nunca será esquecida. Porque a xustiza non é só cuestión de tribunais. A xustiza tamén é memoria, recoñecemento e reparación. E hoxe, aquí, queremos empezar a saldar esa débeda contigo. Pero sobre todo, Loli, queremos que sintas que non estás soa. Que mires ao teu ao redor e vexas a toda unha cidade que hoxe che tende a man e que hoxe se levanta para honrarte e aplaudirte”, sentenciou.

Concluiu dando as grazas a Dolores Vázquez “pola túa valentía, polo teu exemplo e pola túa dignidade inquebrantable. Por iso, e sabendo que calquera recoñocemento sempre será insuficiente, o teu concello e eu como Alcaldesa queremos remendar mínimamente ese erro., e que de mellor maneira que con este premio, un premio que recoñecer á figura da muller, a mulleres coma ti. Por iso, o Premio Ursula Meléndez de Texeda do ano 2025, é para ti, é para Loli Vázquez”.

Dolores Vázquez sufriu a finais da década dos 90 unha complicada situación persoal  cun proceso xudicial inxusto, que acabou cun ingreso en prisión que durou 17 meses ata que se demostrou a súa inocencia; e un xuicio mediático, paralelo, que acabou por destrozarlle a súa vida.  Tras aquel episodio, que marcou a súa vida, Dolores Vázquez regresou anos máis tarde ao seu Betanzos natal, ciudade na que reside e que dende o primeiro momento abriulle a súas portas, como unha veciña máis, en palabras la propia Dolores Vázquez.

Comparte éste artículo
No hay comentarios