O Secretario Xeral do PSdeG Lugo enxalza o traballo dos produtores na Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, acompañado pola Secretaria de Organización, Pilar García Porto, o Alcalde de Lugo, Miguel Fernández, así como por deputados e deputadas provinciais socialistas e representantes das agrupacións socialistas da comarca, asistiu á XXXI Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, celebrada este domingo. Durante o evento, acompañaron á agrupación socialista de Friol, encabezada pola súa Voceira, Ana Pardo.​

José Tomé Roca destacou a importancia destes produtos tradicionais, poñendo en valor o labor dos produtores locais e reafirmando o compromiso dos socialistas co desenvolvemento do rural galego. Subliñou a relevancia de apoiar e promocionar os produtos de proximidade como medio para impulsar a economía local e preservar as tradicións culturais da provincia.​

A Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia desde 2022, contou nesta edición coa participación de preto de 50 queixerías e 5 panadarías, ademais de diversos postos de artesanía, téxtil e alimentación. O evento incluíu actividades como demostracións culinarias, obradoiros infantís de elaboración de queixo e actuacións musicais.

Comparte éste artículo
No hay comentarios