A Gran Final Nacional da FIRST LEGO LEAGUE reúne este sábado máis de 700 mozos e mozas no Campus Industrial de Ferrol

As presentacións dos Proxectos de Innovación faranse nas aulas da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación, mentres que o Xogo do Robot se disputará no Pavillón de Esteiro e a entrega de premios terá lugar no Auditorio de Ferrol.

A Universidade da Coruña (UDC) e a Asociación Ingenier@Soy organizan, este sábado 29 de marzo, de 09:00 a 20:30 horas, a GRAN FINAL NACIONAL da FIRST LEGO League no Campus Industrial de Ferrol. Nesta ocasión, participarán un total de 56 equipos da categoría FLL Challenge e máis de 700 mozos e mozas de entre 10 e 16 anos de toda España. O evento, coordinado polo profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), José Antonio Becerra Permuy, poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube da FIRST LEGO League Galicia.

As presentacións dos Proxectos de Innovación faranse nas aulas da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación, mentres que o Xogo do Robot se disputará no Pavillón de Esteiro e a entrega de premios terá lugar, en horario de tarde, no Auditorio de Ferrol. Ao igual que na FIRST LEGO League Galicia, o evento conta coa colaboracións de máis de 160 voluntarios e voluntarias, na súa inmensa maioría persoal docente, investigador e alumnado da Universidade da Coruña (UDC).

Os dous equipos que gañen a GRAN FINAL da FIRST Lego Leagueparticiparán no WORLD FESTIVAL FIRST Lego League que terá lugar, no TheGeorge R. Brown Convention Center de Houston (Texas), do 16 ao 19 de abril. A maiores, os equipos de obteñan o primeiro e segundo premio aos Valores FIRST, ao Proxecto de Innovación, ao Deseño do Robot e ao Comportamento do Robot, participarán noutros eventos internacionais chamados OPEN FIRSTLEGO League que terán lugar, entre os meses de maio e xullo, en Grecia, Cidade do Cabo, California, Massachusetts, Florida e en Sídney.

Os gañadores da FIRST LEGO League Galicia que tivo lugar o pasado 22 de febreiro no Campus Industrial de Ferrol, os equipos Captioma Elementals, da Academia Captioma Galicia de Ourense, e o MEGA BUILDER TEAM, do Centro de Formación MEGA Riveira, participarán neste campionato nacional na categoría FLL Challenge para mozos e mozas de entre 10 e 10 anos. 

Con todo, Galicia tamén estará representada polos equipos MONTA e AQUABOTS de Gazapo Xestión de Narón (A Coruña) e Clam Trouleiro do CEIP da Barqueira de Cerdido (A Coruña) na categoría FLL Explorer de 6 a 9 anos. Estes tres últimos equipos non compiten no certame e asisten como convidados ao teren participado nalgunha edición da FIRST LEGO LeagueGalicia.

Que é a FIRST LEGO League?

FIRST LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos emozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxíasrenovables. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación.

O desafío FIRST LEGO League en España

Desde o ano 2022, a Asociación Ingeniera.Soy é a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en España en colaboración co 20% das universidades españolas, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación como socios. Ademais, a iniciativa é posible grazas á colaboración de empresas e entidades que achegan aos participantes aos coñecementos e profesións STEAM.

Como funciona a FIRST LEGO League?

Cada temporada, a FIRST LEGO League permitirá aos mozos e mozas ver a ampla gama de oportunidades da industria STEAM botando man da súaexploración como parte de SUBMERGED, un desafío no que utilizarán o pensamento creativo e a tecnoloxía LEGO para explorar as capas do océano e levar as súas aprendizaxes e ideas á superficie mentres navegan cara o futuro. O seu obxectivo final será o de imaxinar e innovar novas formas de crear e comunicar arte en todo o mundo.

Os equipos teñen que resolver este desafío en tres áreas de traballo:

– O Proxecto de Innovación. Un proxecto que explique e detalle a súasolución innovadora como opción de mellora ao problema proposto.

– O Xogo do Robot. O deseño, construción e a programación dun robot LEGO MINDSTORMS Education que terá que superar divertidas misiónsnun taboleiro de xogo relacionado co desafío.

– A integración dos valores FIRST LEGO Mentres os equipos desenvolven o Proxecto Científico e o Xogo do Robot, integran os valores FIRST LEGO League: descubrimento, innovación, impacto, inclusión, colaboración e diversión.

Listaxe GRAN FINAL NACIONAL – Categoría FLL Challenge (de 10 a 16 anos) 

EquipoNomeCentro de procedenciaSede FLL na que obtivo pase
1Captioma ElementalsCAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)FLL Galicia
2MEGA BUILDER TEAMMEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)FLL Galicia
3IES Mata Jove TECNODIVER BERRIOIES Mata Jove (Gijón, Asturias)FLLL Asturias
4OTXOACOLEGIO BERRIO-OTXOA(Bilbao)FLL EUSKADI-Bilbao
5JM BILBOColegio JM Bilbao Ikastetxea(Bilbao)FLL EUSKADI-Bilbao
6BERMIBOT BOLTColegio Sagrado Corazón(Bermeo, Bizkaia)FLL EUSKADI-Donosti
7LIZEOBOTSSanto Tomas Lizeoa(Donostia, Guipúzcoa)FLL EUSKADI-Donosti
8TUPCOLEGIO EL REGATO IKASTETXEA(Barakaldo, Vizcaya)FLL EUSKADI-Mondragon 
9Sanfitek AirSan Fidel ikastola (Gernika-Lumo)FLL EUSKADI-Mondragon
10Legokide 1Colegio Urkide Ikastetxea S. Coop.(Vitoria-Gasteiz)Gasteiz FLL EUSKADI-Vitoria
11Tecnobots ElburgoTecnoclub Elburgo (Elburgo-Burgelu)Gasteiz
12Legotronic BeaversFundación MTorres (Torres de Elorz)FLL Navarra 
13Irabiox SumelecIZAGA (Pamplona)FLL Navarra
14TecnoboticsTecnoeduka (Pamplona)FLL Navarra
15WSBOTColegio de Fomento Sansueña (Zaragoza)FLL Aragón y La Rioja
16Steam SeaCol·legi Sant Ermengol(Andorra la Vella)FLL Andorra 
17REM JrMARISTES GIRONA(Girona)FLL Girona
18RobosincsCentre Escolar Empordà(Roses)FLL Girona
19FEDAC Robo WolvineersFEDAC Sant Narcís (Girona)FLL Girona
20LegolàcticsIniciativa familiar Legolàctics(Llinars del Vallès) FLL Vic 
21Enginy Robòtic ClubAlbert Parés Caralt (Tona)FLL Vic
22The MindsFundació Vedruna Catalunya Educació (Berga)FLL Vic
23NanovercsVEDRUNA SANT SADURNI(SANT SADURNI D’ANOIA)FLL Igualada 
24Robotech TRANSPORTS XAVIER PERERA S.L.(Golmes)FLL Lleida 
25ADS SeabotixINSTITUT ELS PLANELLS(ARTESA DE SEGRE)FLL Lleida 
26Jatta PrintiCOLEGIO LA VALL(Bellaterra) FLL Manresa UPC
27SeabotsCol.legi La Salle Montcada(Montcada i reixac)FLL Barcelona I 
28Maristes Robot Team Maristes Champagnat(Badalona)FLL Barcelona II 
29Manao Ikaika COLEGIO LA VALL(Bellaterra)FLL Barcelona III 
30TecnoCarmelites COL·LEGI MARE DE DÉU DEL CARME (Tarragona)FLL Tarragona 
31CST RoboticsAMPA COL:LEGI SANTA TERESA (MORA D’EBRE)FLL Tarragona
32SednaFEP SANT RAMON(Barcelona)FLL Tarragona 
33Invictus COLEGIO PUREZA DE MARIA CID(Valencia)FLL Valencia UPV 
34Taulego COLEGIO LA PURISIMA TORRENT(Torrent)FLL Valencia UPV 
35GandiaLab Team Gandialab Robótica Educativa(Gandía)FLL Alicante 
36Bionic Play Factory (Murcia)FLL Murcia 
37Electronic Falcons Fundación MTorres (Fuente Álamo)FLL Murcia 
38La Pokeclase ROCÍO SALDAÑA MONTORO(Valderubio)FLL Granada 
39IO2 Team COLEGIO NUESTRA SEÑORA DE GADOR (Berja)FLL Almería 
40Albaibot CEIP ALBAIDA(Torremolinos)FLL Málaga 
41SEB-BOT IES MAPI VALLE (Cartaya)FLL Sevilla 
42Aldeatron Robotix UCMAS ABACO Y CALCULO MENTAL SL(San Miguel de Abona)FLL Canarias 
43Brilliant Minds Pureza de María La Cuesta(San Cristóbal de la LaLaguna)FLL Canarias
44Curiosity Lobster Curiosity Lobster (San Critóbal de La Laguna)FLL Canarias
45Codifica Futuro Fundación Canaria Farrah(Las Palmas)FLL Canarias 
46H2O coconet mentes creativas(Cáceres)FLL Salamanca 
47PIXEL ALLIANCE Javier Carlos Tovar García(Cáceres)FLL Salamanca 
48GRAT-Anunciata La Anunciata FESD (Tudela) FLL Burgos 
49Blanca de Castilla Fundación Educativa Jesutinas(Burgos)FLL Burgos 
50FSIngenium Team Fundación FSINGENIUM(Sarriguren)FLL Madrid UPM 
51Pinkblack Villaeuropa Colegio Villaeuropa(Móstoles)FLL Madrid UPM 
52Mentes mecánicas 4.0 Colegio San Luis Gonzaga(La Solana)FLL Madrid UPM 
53AldoveaBot Colegio de Fomento Aldovea(Alcobendas)FLL Madrid UCJC 
54Hydrogyrios Independente (Palma)FLL Online 
55ROBOTICS Institucio Mallorca (Palma)FLL Online
56Ocean Seekers Col·legi Sant Pere (Palma)FLL Online

Listaxe GRAN FINAL NACIONAL – Categoría FLL Explorer (de 6 a 9 anos – NON COMPITEN)

EquipoNomeCentro de procedenciaSede FLL na que obtivo pase
1La jaca Robótica HUMILDES DE POCA MONTA La Jaca Robótica AsociacióEducativa, Cultural y Medioambiental (Arico)FLL Canarias 
2MONTA Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)FLL Galicia
3AQUABOTS Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)FLL Galicia
4Clam Trouleiro CEIP DA BARQUEIRA(Cerdido, A Coruña)FLL Galicia
5Hibri-Explore Villacedré CRA VILLACEDRÉ (Villacedré) FLL Burgos
Comparte éste artículo
No hay comentarios