O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Consellería e Vivenda e Planificación de Infraestruturas investiu 48.300 euros para renovar o aspecto desta infraestrutura.
A Xunta mellorou a imaxe da rotonda situada ao inicio da estrada autonómica LU-612 que comunica Lugo con Portomarín, nas inmediacións do barrio lucense da Ponte, e que tamén enlaza esta zona da cidade coa Ponte Branca.
O delegado territorial, Javier Arias, comprobou hoxe o resultado da intervención, executada pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas cun investimento de 48.300 euros. Lembrou que existía demanda veciñal para acometer unha actuación de acondicionamento que favorecese a integración paisaxística desta infraestrutura na contorna.
Ademais da mellora estética, colocáronse unhas letras co nome da capital lucense en cor branca, orientadas para que se vexan cando se accede a Lugo dende a estrada de Portomarín.
“É unha glorieta de amplas dimensións situada nunha vía que rexistra un volume de tráfico considerable e cuxa principal funcionalidade é garantir a seguridade na circulación”, dixo o delegado, quen considerou que con esta medida “lógrase unha mellor imaxe ao tempo que se aposta por unha solución que facilita o mantemento sen que afecte ao tránsito de vehículos”.
O deseño segue o mesmo padrón adoptado noutras rotondas de construción máis recente, como a executada para reforzar a seguridade no cruzamento das estradas autonómicas LU-652 e LU-546 no concello de Bóveda.
A Xunta? A Xunta, a parella, os fillos, os netos, os irmáns e demais familia…