A xira do show de humor e videoxogo protagonizada por Xosé A. Touriñán e David Perdomo ten parada no Palexco coruñés este fin de semana. O éxito do espectáculo foi tal, que demanda de entradas esgotou o papel para as funcións do sábado, quedando pouco máis dun centenar para a do domingo 30, as 18 horas, nunha obra teatral cún argumento singular.
Pasado o tempo da pandemia entéraste de que o antídoto contra calquera novo virus está moito máis cerca do previsto. Decides emprender un emocionante camiño cheo de obstáculos e emocións para atopar o remedio a todos os teus futuros problemas. Unha viaxe chea de seres estraños, personaxes xa coñecidos e outras criaturas xamáis vistas. Serás quen de chegar ao final? Ollo! Calquera fallo levarate ao Game Over!
Volve Corentena, o espectáculo máis exitoso de David Perdomo e Xosé A. Touriñán, convertido nun inédito videoxogo teatral que percorrerá Galicia e no que ti podes ser o protagonista. Apúntaste? Atréveste a xogar con nós?
A xira continuará por Galicia nas seguintes datas: 11 de abril en Vilalba, 12 do mesmo mes en Vigo, 2 de maio en O Grove e 6 do mesmo mes en Lugo, segundo nos comentan desde a promotora do espectáculo Ainé Produccións.