Clausura na Coruña do programa da Universidade Sénior nas Pontes cunha xornada de visitas culturais

O vindeiro xoves, 24 de abril, ás 19:00 horas, terá lugar nas instalacións da Universidade Sénior en Normal, o acto de clausura da 7ª edición do Programa de Democratización do Coñecemento, impulsado pola Universidade Sénior da Universidade da Coruña para as persoas maiores de 50 anos das Pontes, no que participaron máis de 50 persoas.

A Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, puxo en marcha, coa financiación da Xunta de Galicia e en colaboración co Concello de As Pontes de García Rodríguez, unha nova edición do programa de formación universitaria específico para os adultos maiores da comarca, que se desenvolveu da Centro Sociocomunitario das Pontes, durante os meses de marzo e abril.

Un total de 64 persoas maiores de 50 anos inscribíronse para participar neste programa, que finalizará o xoves 24 de abril, cunha completa xornada de visitas culturais e actos académicos que abrangue as visitas ao edificio de Capitanía Xeral, o Museo Histórico Militar, o Aquarium Finisterrae, e unha clase maxistral sobre actividade física nas instalacións da Universidade Sénior na Coruña, no edificio Normal (Paseo de Ronda, 47)

Ás 19:00 horas, terá lugar o habitual acto de entrega de diplomas, coa presencia do Vicerreitor de Titulacións e Internacionalización da UDC, Moisés Canle López; a directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez; e maila concelleira de benestar social, igualdade, educación e contratación do Concello de As Pontes de García Rodríguez, Tania Pardo Cabarcos.

Con esta iniciativa, a Universidade Sénior continúa achegándose un ano máis á poboación maior das Pontes, respondendo ás súas inquedanzas e necesidades formativas desde a súa primeira edición en 2018.

Comparte éste artículo
No hay comentarios