O día 25 de marzo representantes da FAPACEL mantivemos unha xuntanza co Xefe de Servizo de Comedores Escolares do Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional de Lugo.
Nesta xuntanza expuxemos as queixas que nos trasladan as anpas sobre os comedores escolares e instamos a resolvelas canto antes, en liñas xerais trasladamoslle os seguintes puntos:
- O orzamento destinado ao comedor escolar é insuficiente.
- Non se facilita a información sobre os menús ás familias.
- É preciso regularizar a condición do persoal voluntario colaborador.
- A necesidade de que os protocolos de comedor se aproben e leven a cabo en todos os centros.
- Os menús teñen que estar adaptados ás necesidades de todo o alumnado, contemplando a casuística deste e sendo moi ríxidos cos temas de intolerancias e alerxias.
- Os turnos de comedor deben ter unha durabilidade suficiente.
Por outra banda insistimos no carácter pedagóxico que debe ter o comedor escolar, de que tamén debería ser un servizo universal e gratuito ao que todo o alumnado poidera acceder, tamén na comenencia de que os produtos sexan de proximidade e sobre todo de que o comedor escolar debe ser garante de igualdade e de calidade.
O responsable de comedores recolleu as nosas reivindicacións e queixas e manifestou a súa vontade de intentar resolver os problemas plantexados e de ternos ao corrente do proceso.
Dende a FAPACEL estaremos pendentes e seguiremos insistindo na necesidade dun servizo de comedor de calidade, de xestión directa e gratuito para todo o alumnado do ensino público da provincia de Lugo.