Hoxe saímos a rúa en mas de 80 poboación de España. As organizacións de PararLaGuerra.es uníronse arredor dun único lema: Por unha Paz Xusta (Palestina Libre). Alto o fogo definitivo. Nin terrorismo nin xenocidio. Unha chamada, unha demanda e unha posición de principio. Defender os dereitos do pobo palestino, o alto o fogo definitivo, declarar que non aceptamos o terrorismo e, sobre todo, non pararemos ata que se deteña o xenocidio.
Despois de romper o alto o fogo, con máis de 50.000 persoas asasinadas en Gaza, isto ten que parar. Agora é o momento de saír á rúa, defender a paz e o pobo palestino. Non nos dividamos porque os que sofren son O POBO PALESTINO. Nun momento no que a xente do noso país comeza a estar preocupada e asustada polo son dos «tambores de guerra» en Europa, non podemos, non queremos nin debemos esquecer Gaza. Hoxe en Palestina estamos a xogar unha parte importante do noso futuro, o de Europa e o do mundo enteiro