Comeza a renovación do asfalto da Avenida da Coruña, no treito entre Perpetuo Socorro e Illas Cíes

Arroxo: «Atendemos unha reclamación da veciñanza e melloramos o estado dunha das vías de Lugo que acollen máis tráfico».

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, acompañado polo edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, achegouse ata a avenida da Coruña onde veñen de comezar os traballos de renovación do firme deste vial no trteito que une as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes. Arroxo destacou a importancia desta actuación «unha reclamación
veciñal que permitirá mellorar un dos viais que máis tráfico acollen de toda a cidade», explicou Rubén Arroxo.

Os traballos que se están a executar consisten na construcción dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, selando do firme ante a acción da auga superficial e garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal.

Arroxo lembrou que a Tenencia de Alcaldía traballa para «atender ás reclamacións veciñais e mellorando as vías de toda a cidade, tanto en zonas urbanas como periurbanas», e destacou que o Goberno de Lugo e a
empresa responsábel das obras traballan conxuntamente para «executar os traballos afectando o mínimo posible ao tráfico». Deste xeito, manterase sempre o sentido de circulación en ambos sentidos, habilitando itinerarios alternativos, e permitindo que os traballos se desenvolvan correctamente.

Comparte éste artículo
No hay comentarios