O PP pide transparencia a PSOE e BNG no deseño da mobilidade do casco histórico e advirte que «é un momento moi importante para o futuro de Lugo»

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio para presentar achegas á ordenanza que regulará as Zonas de Baixas Emisións en Lugo cuxo prazo remata o 9 de decembro.

O PP xa fixo o pasado 16 de outubro propostas para mellorar a mobilidade segmentadas tendo en conta as necesidades de diferentes usuarios.

  • O PP, que convocará aos colectivos afectados para recoller propostas, asegura que “a pésima xestión desta ordenanza non lle vai saír gratis os lucenses: de momento xa se gastaron preto de 50.000 € nun informe que ocultan dende o ano 2022 e ao que tivemos acceso con censura “sen darnos copia e véndoo nunha pantalla baixo a vixilancia de funcionarios”
  • Este é un novo exemplo de derroche, mentres o goberno local sobe os impostos a veciñanza sofre os inconvintes das obras do centro, a incerteza de como planificarán a circulación no recinto amurallado, as perdas de facturación, as caídas polo mal estado do pavimento …”
  • O Goberno local anunciou esta fin de semana a apertura do prazo para a presentación de suxestións cidadás sobre a futura ordenanza que regulará a mobilidade nas Zonas de Baixas Emisións (ZBE).
  • O anuncio fíxose público hoxe no Boletín Oficial do Provincia e hai un prazo de 15 días hábiles para presentar suxestións que rematará o vindeiro 9 de decembro. Dada a importancia desta intervención dende o PP pediremos que se  amplíe o prazo da consulta pública para garantir unha maior participación da veciñanza
  • Os populares manifestaron a súa preocupación dado que, unha vez máis, PSOE e BNG “comezan a casa polo tellado”  lembrando como a anterior alcaldesa, Lara Méndez, en outubro de 2022 adxudicou un contrato, por un importe de 47.795 euros á empresa de Barcelona Desarrollo Organización y Movilidad S.A., para que deseñase as medidas de mobilidade das ZBE do casco histórico
  • “O lóxico sería primeiro, facer a consulta pública, escoitar á veciñanza, e que as súas achegas se incorporasen ao deseño das medidas que regularán as ZBE do casco histórico”

Falta de transparencia (piden achegas pero non se coñece o contido do  documento)

  • Dende o PP tamén criticamos “a falta de transparencia xa que están pedindo achegas a unha ordenanza cuxo contido ninguén coñece” ademais “cando pedimos acceso ao informe da consultora  negáronse a facilitarnos unha copia”

Paralelismos co programa Corazón Verde

  • Ao igual que aconteceu co programa Corazón Verde, o goberno local  volve a deseñar e licitar intervencións de grande impacto para a cidade sen antes de escoitar á veciñanza”. Ramón Cabarcos analizaba como afectou á cidadanía e a diferentes colectivos como repartidores, distribuidores e hostalaría estes proxectos.
  • Os lucenses deben saber que parte do retraso nas obras do casco histórico obedecen aos modificados dos proxectos que tardaron en aprobarse provocando a ralentización das obras e obedecendo a compromisos adquiridos coas xa obras licitadas e adxudicadas empezando polo final, sen dar participación e sen consenso.
  • Tamén detallaba as perdas de  facturación na actividade económica, as roturas e reecontruccións os problemas de mobiidade e caídas de cidadáns cuantificando en 6M€ os sobrecustes desta intervención
  • O vicevocerio popular tamén subliñou que “a petición destas achegas, cuxo prazo de presentación remata o vindeiro 9 de decembro, coincide con:

         Roturas de pavimentos: Hoxe mesmo están a reparar as lousas da Praza de San Fernando (obra xa rematada), cuxo espesor non soporta o tráfico rodado.

         Retrasos nas obras: As intervencións vinculadas ao programa  acumulan prórrogas e non rematarán ata marzo de 2025. (Praza de  Santo Domingo e rúa do teatro)

         Modificacións pendentes: A modificación do proxecto de Montevideo segue sen aprobarse, deixando no aire solucións definitivas.

  • Dende o Partido Popular seguimos apostando por unha xestión responsable, baseada en prioridades claras, transparencia e unha verdadeira participación cidadá por iso facemos un chamamento á cidadanía e a convidamos a participar activamente neste proceso de consulta, que remata o 9 de decembro. Non podemos permitir que decisións tan importantes se tomen de costas a Lugo.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios