Campionato Galego de Nihon Tai-Jitsu 2025, o sábado en Ourense

O sábado 5 de abril a partir das 11:30 horas, celebrarase no polideportivo do colexio público de Quins, no Concello de Melón o campionato galego de Nihon Tai-Jitsu.

Esta disciplina das artes marciais especializada en técnicas de defensa persoal, está encadrada dentro da federación galega de karate. A dito campionato calculase que asistiran un cento de deportistas de toda Galicia que participaran na modalidade competitiva de kata individual. En todas as categorías dende os mais pequenos, os benxamíns, hasta os sénior. Resaltar que compiten conxuntamente homes e mulleres, xa que esta disciplina das artes marciais defende a igualdade e a non discriminación de xénero e as categorías son conxuntas, feminina e masculina.

Esta será a edición número 16 deste campionato, é a primeira vez que ten lugar na provincia de Ourense, xa que todas as edicións anteriores se celebraron no norte da Comunidade Autónoma. O que para os organizadores e un reto conseguir que sexa a mellor das edicións celebradas.

Este campionato esta organizado polo departamento de Nihon Tai-Jitsu da federación galega de Karate e o club Ximnasio Estudio A Valenzá, e ademais da colaboración da Xunta de Galicia a través da súa Xefatura provincial de deportes, contase coa colaboración e participación do Concello de Melón e a Deputación de Ourense.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios