A Mesa Estatal pola Blindaxe das Pensións convoca para este mércores 9 de abril concentracións en 75 localidades co lema ‘Somos 49 millóns para blindar as pensións na Constitución’
O pasado luns fíxose público o informe da AIReF, que os grupos parlamentarios se comprometeron a estudar coa MERP, ao tempo que tambores de rearme e aranceis ameazan o gasto público. As organizacións da MERP saen á rúa non só para esixir que as pensións estean blindadas na Constitución senón tamén para responder aos ataques que sufriron enfrontando aos mozos contra os pensionistas.
En Galicia faráse en 11 poboación ( A lista das poboacións e o horario ao final). Simultáneamente, a MERP convocou un acto nas escaleiras do Congreso, en Madrid, onde 20 mozos, representantes de Cultura, organizacións e diferentes sectores e profesións, farán unha declaración en defensa das pensións públicas e das persoas maiores.
Contacto
Carlos Vázquez. Tf. 691 88 66 27
| Poboación | Dirección | Hora |
| Coruña | Delegación do Goberno | 18,30h |
| Santiago | Praza do Obradoiro | 19h |
| Vigo | Marco (Rúa Príncipe) | 19h |
| Pontevedra | Praza de España | 19h |
| Lugo | Subdelegación do Goberno | 19h |
| Xinzo | Praza do concello | Pendente |
| Vilardevós | Praza do Cruceiro | 12h |
| Ferrol | Praza de Armas | 12h. |
| Ourense | Subdelegación do goberno | 11h |
| Redondela | Diante do Concello | 11.30h |
| Lalin | Diante do Concello | 19h |