Podemos Laxe. «A incompetencia do PP de Laxe provoca a perda da área de lecer da Braña de Soesto»

No último pleno, o alcalde de Laxe, Francisco Charlín presentou a votación unha proposta da alcaldía en relación as actuacións que vai realizar, nun prazo de 2 meses, a Demarcación de Costas de Galicia na praia de Soesto para protexer este espazo de gran valor paisaxístico e medioambiental, como son:

● retirar o cerramento de madeira que está totalmente deteriorado

● ampliar tramos de pasarela de madeira

● delimitar os accesos polas dunas para non pisar o manto vexetal e

● levantar o merendeiro eliminando as mesas, bancos,…. e o alcalde propuso que non se levante o merendeiro nin o parque infantil , posición que comparte o BNG e o PSdG non se sabe, porque está ausente. Unidas Podemos votou ABSTENCIÓN porque se incluía outra actuación de Costas en Traba ca que estamos dacordo.

UNIDAS PODEMOS LAXE TEN UNHA POSICIÓN MOI CLARA CON REPECTO A BRAÑA DE SOESTO, pero antes temos que decir que Costas leva anunciando estas actuacións hai moitísimo tempo e tan só a 2 meses vista de que as leve a cabo, o alcalde trae a Pleno unha única proposta que sabe que é inviable. A inacción deste alcalde supón que o noso Concello perda unha das áreas recreativas máis queridas e usadas pola veciñanza de Laxe.

Temos que recordarlle o actual goberno que no PXOM 2009 quedou un espazo adicado a equipamento na zona da braña de Soesto, para unha futura ubicación de zonas de lecer, aseos,…pois xa Costas naquel momento pensaba en eliminar ese merendeiro da actual ubicación.

Polo tanto isto non ven dun «calentón» de Costas. Ven dunha total incompetencia do grupo de goberno do PP de Laxe e do seu alcalde.

A POSICIÓN DE UNIDAS PODEMOS CON RESPECTO A PRAIA DE SOESTO É A SEGUINTE:

Que se negocie con Costas para que se traslade o merendeiro á zona indicada no PXOM, realizando ditas actuacións co mínimo impacto posible nesta área e así asegurar

-por un lado a conservación medioambiental da praia de Soesto

-e polo outro, que o pobo de Laxe poida seguir desfrutando do seu entorno natural e que o poida compartilo cas persoas que se acheguen a coñecelo

Comparte éste artículo
No hay comentarios