O PP de Lugo reclama actuacións urxentes de mantemento en zonas verdes do Castiñeiro e na Carballeira de  Fingoi

Mar Carballas asegura que “protexer o medio ambiente non é poñer etiquetas, é traballar con responsabilidade”

O Grupo Municipal Popular leva varias queixas veciñais recollidas nas últimas semanas sobre o estado de abandono de espazos verdes como a Carballeira de Fingoi e a Área Recreativa do Castiñeiro. Estas iniciativas forman parte do traballo de escoita activa que desenvolvemos diariamente, co obxectivo de ser “parte da solución e correa de transmisión entre os veciños e os órganos municipais competentes”.

Na Carballeira de Fingoi, un dos principais espazos de lecer ao aire libre da cidade, os elementos de ximnasia presentan un estado de abandono evidente: están sucios, sen mantemento e, en moitos casos, inutilizables. Tamén a varanda do sendeiro paralelo precisa reparacións urxentes.

A situación repítese no Parque do Castiñeiro, onde bancos e mesas do merendeiro están cheos de verdín, deteriorados e sen condicións para o uso cidadán. “Lugo merece espazos coidados e seguros”, explica a edil do PP.

E mentres non se coidan os espazos naturais, seguimos sen saber por que se talaron árbores no parque de Rosalía. Pedimos explicacións ao goberno local o 18 de marzo e seguimos esperando resposta.”

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios