Unha ruta guiada entre o castelo de Monterrei e a igrexa de Santa María de Mixós como conmemoración do día internacional dos Monumentos e Sitios o 18 de abril.
A oficina de turismo de Monterrei propón un percorrido guiado para o día 18 de abril, para celebra-lo día internacional dos monumentos e sitios. Unindo os dous monumentos, declarados dende o ano 1931 como monumentos histórico artísticos e considerados bens de interese cultural. Ambos monumentos foron declarados nese ano xunto á catedral de Ourense, ó mosteiro de Celanova, á Torre de Hércules, á catedral de Lugo ou á catedral de Tui.
A actividade partirá as 11:00hrs dende o cruceiro, á entrada da Acrópole de Monterrei, e seguindo, por parte do camiño de Santiago, ata a igrexa de Santa María de Mixós, visitando o seu interior e voltando a Monterrei. Un percorrido circular duns 6kms. de extensión e de dificultade baixa.
A actividade é de balde e precísase a inscrición previa no contacto da oficina de turismo de Motnerrei, no 988361360 (tamén con servizo de Whatsapp).
—