Os músicos e recoñecidos mestres de baile tradicional, Montse Rivera e Xabier Iglesias, presentan este sábado, a peza teatral María Balteira, a pandereteira primeira

A obra tenta achegar e promover o baile e a música tradicional entre as nenas e nenos

Montse Rivera (mestra de baile tradicional, pandeireteira e compoñente de Leilía) e Xabier Iglesias (bailador, músico e director da escola Oxeito de Lugo) presentan, este sábado, 12 de abril, ás 17 hrs, na Casa-Museo Manuel María, a peza teatral María Balteira, a pandereteira primeira. Unha obra chea de música e danza, ambientada no Medievo, que tenta achegar e promover o baile e a música tradicional entre as crianzas.

A sipnose da obra é a seguinte: Pedro Amigo é mestre de música, e María Balteira a súa alumna, Pedro ensínalle a María as cantigas do Ciclo do Ano (Nadal, Entroido, Maio…) mais María gústalle tocar a pandeireta e soña con bailar. Un día cóntalle os seus soños a Pedro, este fica abraiado co xeito de bailar e cantar de María e pídelle que lle ensine.

O rei Sabio quere que todas as crianzas do seu reino aprendan a bailar e a cantar e pon un anuncio para buscar mestres, María e Pedro ven a oportunidade para cumprir os seus soños e acoden á chamada do rei.

O espectáculo, cunha duración de 40-45 minutos, vai dirixido para nenas e nenos entre 5 e 11 anos e público familiar. Para asistir é necesario reservar (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621

Comparte éste artículo
No hay comentarios