Un total de 20.422 persoas concorrerán ás oposicións de Educación da Xunta este ano

As probas desenvolveranse a partir do 21 de xuño en diferentes localidades da xeografía galega, que se concretarán nas vindeiras semanas.

Un total de 20.422 persoas concorrerán ás oposicións de Educación deste ano 2025 segundo a listaxe provisional de admitidos publicado no Portal Educativo. Son un total de 1.664 prazas as convocadas, case o 86%, de novo ingreso, o que supón o máximo do 120% da taxa de reposición permitido pola lei, é dicir, cóbrense 120 postos por cada 100 baixas.  As probas desenvolveranse a partir do 21 de xuño en diferentes localidades, que se concretarán nas vindeiras semanas.

A maior parte das prazas, un total de 1.424, son de ingreso libre, mentres que 10 son para o acceso ao corpo de inspectores de educación e outras 230 para que mestres que forman parte xa do sistema poidan acceder ao un posto como profesores de Secundaria.

Por corpos, no de mestres hai 426 prazas en oito especialidades, e no de profesores de ensino secundario, 918 en 33 especialidades. Pola súa banda, hai 80 prazas en oito especialidades no corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP e 10 para inspectores de educación. En canto á promoción interna, hai 230 prazas en 32 especialidades.

O obxectivo é consolidar a estabilidade do piar do sistema educativo público, o profesorado, consolidando Galicia como a Comunidade con mellor interinidade docente de España e mellorando as ratios nun contexto de redución do alumnado. A través da promoción interna permite, ademais, o avance na carreira profesional.

A relación de inscritos por corpos e especialidades é a recollida nas seguintes táboas.

Corpo de mestres

426 prazas, oito especialidades, 8.948 inscritos:

EspecialidadePrazasInscritos
Educación infantil792253
Lingua estranxeira: Inglés53654
Lingua estranxeira: Francés32256
Educación Física26516
Música21312
Pedagoxía Terapéutica401749
Audición e Linguaxe53989
Educación Primaria1222219

Corpo de profesores de ensino secundario

918 prazas, 33 especialidades, 10.512 inscritos:

EspecialidadePrazasInscritos
Filosofía22210
Grego561
Lingua castelá e literatura40630
Xeografía e historia40892
Matemáticas51613
Física e química31556
Bioloxía e xeoloxía25598
Inglés1041025
Portugués551
Educación física43587
Orientación educativa15327
Tecnoloxía58611
Lingua e literatura galega77513
Economía26272
Administración de empresas10201
Construcións civís e edificacións8110
Formación e orientación laboral45557
Hostalaría e turismo10123
Informática62163
Organización e xestión comercial20191
Organización e proxectos de fabricación mecánica1092
Procesos na industria alimentaria10170
Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos10125
Procesos sanitarios10354
Procesos e medios de comunicación10176
Sistemas electrónicos1021
Sistemas electrotécnicos e automáticos1585
Instalacións electrotécnicas2083
Oficina de proxectos de construción8147
Procesos de xestión administrativa26310
Servizos á comunidade10373
Sistemas e aplicacións informáticas62159
Equipos electrónicos2037

Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP

80 prazas en oito especialidades, 788 inscritos:

EspecialidadePrazasInscritos
Cociña e pastelaría17174
Estética5100
Mantemento de vehículos19176
Mecanizado e mantemento de máquinas1555
Patronaxe e confección540
Peiteado782
Produción de artes gráficas570
Servizos de restauración791

Acceso ao corpo de Inspectores de Educación

EspecialidadePrazasInscritos
Inspección Educativa1087

Acceso do Subgrupo A2 ao Subgrupo A1 ao corpo de profesores de ensino secundario

230 prazas en 32 especialidades, 87 inscritos:

EspecialidadePrazasInscritos
Filosofía62
Lingua castelá e literatura12 
Xeografía e historia113
Matemáticas147
Física e química82
Bioloxía e xeoloxía6 
Inglés271
Portugués111
Educación física1020
Orientación educativa422
Tecnoloxía15 
Lingua e literatura galega203
Economía6 
Administración de empresas2 
Construcións civís e edificacións2 
Formación e orientación laboral122
Hostalaría e turismo31
Informática15 
Organización e xestión comercial4 
Organización e proxectos de fabricación mecánica2 
Procesos na industria alimentaria2 
Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos2 
Procesos sanitarios21
Procesos e medios de comunicación2 
Sistemas electrónicos2 
Sistemas electrotécnicos e automáticos4 
Instalacións electrotécnicas5 
Oficina de proxectos de construción21
Procesos de xestión administrativa6 
Servizos á comunidade311
Sistemas e aplicacións informáticas15 
Equipos electrónicos5 
Comparte éste artículo
No hay comentarios