Unha acción literaria impulsada pola eléctrica galega Xenera Compañía Eléctrica, coa que combina emoción, cultura e participación cidadá.
Que sucede cando un libro deixa de estar nun andel e aparece, de súpeto, nun banco, sobre a herba dun parque ou nunha praza?
Esta é a proposta da principal eléctrica 100% galega, que o 23 de abril de 2025, con motivo do Día do Libro, levará a cabo a acción #AtopaLectura en Redondela e Cambados. Trátase dunha intervención cultural, coa que se van agochar libros en galego en distintos puntos de cada unha das localidades, para que quen atope algún poida queda con el, compartilo nas redes e gozar ademais dun agasallo asegurado.
Cada exemplar irá envolto e acompañado por unha mensaxe de Lucinda, “a vaquiña” da compañía, que convida a sacar unha foto ou facer un vídeo do achado, compartila en redes sociais e recibir un agasallo sorpresa polo simple feito de participar.
“Non todos vos libros se buscan. Algúns…atópanse. #AtopaLectura”
Esta iniciativa ten a finalidade de achegar a lectura desde a sorpresa e a emoción, cun ton próximo, rural e cultural. Con ela, Xenera pon de manifesto, unha vez máis, o seu compromiso coa cultura galega.