Situados ambos na parroquia de Lemaio.
O Concello ten en fase de execución as obras de mellora da rede viaria municipal que afectan aos núcleos da Estrada e de Proame, ambos situados na parroquia de Lemaio.
As intervencións que se están levando a cabo comezaron coa limpeza das cunetas, que no punto de inicio das actuacións van ser obxecto dun recheo para acurtar a curva pola marxe dereita e aumentar a seguridade. Posteriormente realizaranse os traballos principais para mellorar a superficie de rodadura, contemplándose aplicar unha nova capa en zona de núcleo para favorecer o tránsito e aumentar a seguridade dos vehículos e usuarios da estrada. Concluirase coa sinalización horizontal da vía.
O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras, Pablo Cambón, supervisaron os traballos cos que se melloran as condicións desta estrada situada próxima á AC-552. O orzamento do proxecto alcanza os 33.000 euros.