Javier Arias participa na recepción á Armada española dentro dos actos da Semana Santa en Lugo

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou esta mañá en Lugo na recepción oficial á Armada española, presidida polo Almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, Gonzalo Villar.

Trátase dun dos actos máis emblemáticos da Semana Santa lucense, co pase de revista das tropas, o desfile e a homenaxe aos caídos, como anticipo á participación das forzas navais na procesión da Virxe da Esperanza que se celebra na tarde deste Luns Santo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios