Anegamentos na agricultura da LIMIA polas choivas

Segundo a agrupación AMIGAS DAS ÁRBORES, a limpeza da canle da Lagoa de Antela a comezos deste ano, é un Arboricidio con consecuencias. O Concello de Xunqueira de Ambía tallou polo pé as árbores e arrasou con toda a vexetación de ribeira ao longo de máis de 1500 metros dunha das canles principais da Lagoa de Antela…
EFECTOS: esbarroncamento da terra das beiras da canle coa colmatación das augas e como as pólas miudas maila vexetación botárona nos desaugadoiros e na canle agora coas choivas os arrastres entuiron (non deixan pasar a auga) co ASULAGAMENTO de deceas de hectáreas das terras de cultivo…

Pode que os traballos feitos polo Concello de Xunqueira de Ambía queiran revivir a lagoa de Antela inxénuos de nós que pensamos ao revés

Comparte éste artículo
No hay comentarios