II Torneo Tuxeleires Rugby Inclusivo no Vero Boquete

Chega o II TORNEO TUXELEIRES RUGBY INCLUSIVO o vindeiro sábado  26 de abril, ás 11h. Pretende demostrar á sociedade que a participación plena na sociedade é posible. Participarán o Vigo Rugby, Ourense Rugby Club (San Rosendo), CRAT Sharks e Tuxeleires RC. Máis de 100 persoas entre voluntarias e deportistas serán as protagonistas deste torneo que se celebrará no Vero Boquete de Santiago de Compostela.

O rugby inclusivo é unha modalidade onde calquera persoa pode participar, xogando homes e mulleres, con e sen discapacidade, en igualdade de condicións, co obxectivo dunha participación plena e inclusiva. O TUXELEIRES RC, clube da Escola de Tempo Libre e Animación Sociocultural Don Bosco, organiza a segunda edición dun torneo que agardamos que chegue a facer historia na nosa comunidade e, malia a súa curta traxectoria, é referente estatal en inclusión.

Comparte éste artículo
No hay comentarios