Xunta de Persoal. «Xoves negro para recuperar a Área Sanitaria da Mariña, e rematar coas derivacións a Lugo»

Esta medida implicou desprazamentos constantes da poboación da bisbarra cara Lugo, nalgúns casos de máis de hora e media de viaxe, para ingresos, probas e operacións.

Tamén, engadir, que carecemos de servizos «básicos» como consulta de cirurxía vascular, terapia ocupacional ou fisioterapia respiratoria infantil, nun hospital que tamén carece de unidade de prevención de suicidios, hospital de día infantoxuvenil ou unidade de agudos, que «si que tería de contar con área sanitaria propia».

Ademais, «segue sen haber logopeda no servizo público» co que «a realidade é que a supresión da área sanitaria só provocou a perda de servizos».

Comparte éste artículo
No hay comentarios