O informe anual destaca a deriva cara a prácticas autoritarias e crueis medidas represivas contra a disidencia en todo o mundo
A campaña do goberno de Trump contra o reconoñecemento de dereitos está dando pulo a tendencias nocivas xa presentes, poñendo en perigo a milleiros de millóns de persoas en todo o planeta. Así o advirte hoxe Amnistía Internacional, ao presentar o seu Informe Anual.
A situación dos dereitos humanos no mundo reflicte unha represión cruel e xeralizada da disidencia, a catastrófica escalada dos conflitos armados (exemplificada no xenocidio israelí en Gaza), os insuficientes esforzos por abordar o colapso climático e un crecente retroceso mundial dos dereitos das persoas migrantes e refuxiadas, as mulleres, as nenas e as persoas LGBTI. A menos que se logre dar un drástico xiro á situación mundial, todos estes aspectos se deteriorarán aínda máis nun turbulento 2025.
En Galicia vivimos unha situación de preocupación respecto da proteción de dereitos fundamentais, como o acceso á sanidade ou á vivenda, e retos de grande calado coma a proteción e correcta acollida de menores migrantes, así como unha política de acción exterior comprometida cos dereitos humanos.
O pasado mes de febreiro, o Director de Amnistía Internacional España, Esteban Beltrán abría a porta ao diálogo co Presidente da Xunta de Galicia sobre sanidade, vivenda, acollida de menores migrantes e acción exterior.
Peticións de Amnistía Internacional Galicia
«Cómpre aumentar os recursos humanos e materiais en sanidade.«, sinalou Sara Prieto, voceira de AI en Galicia, que destacou que «Entre 2009 e 2022 o investimento en sanidade caiu un 5% no gasto xeral e un 7% en Atención Primaria. Cómpre que a porcentaxe dedicada a Atención Primaria acade o 25% do investimento, como reclama a Organización Mundial da Saúde».
En vivenda, Amnistía considera como un primeiro paso insuficiente para garantir o acceso á vivenda e a emancipación da mocidade o plan da Xunta de acadar 8.000 vivendas públicas en 2028. «O plan supón acadar a metade da media europea de vivenda social, que e do 15% do total do parque de vivenda«, destacou a voceira de AI Galicia», que reclamou,. «obxectivos anuais de vivenda social nun plan con perspectiva de xénero e que garanta a non discriminación, ademais da aplicación dos controis de prezos dos alugueiros, máis axudas á rehabilitación e á intermediación de alugueiro para por en alugueiro as 120.000 vivendas baleiras en Galicia, ademais de recursos para servizos sociais e alternativas habitacionais nos desafiuzamentos.»
En canto á protección da infancia migrante en relación especialmente coa próxima chegada dun grupo de pouco máis de 300 menores dende Canarias segundo acordado co Goberno de España, AI reclama «medidas que garantan o seu interese superior, unha acollida digna e se garanta o seu dereito a solicitar protección internacional, documentación. educación e programas que faciliten a súa transición á vida adulta». Igualmente, a voceira de Amnistía reclamou «Máis recursos para os xulgados especializados na violencia contra as mulleres, formación para rematar cos prexuízos sexistas que dificultan o acceso á xustiza e educación afectivo-sexual nos centros educativos«. Por últimom solicitouaccións concretas da Xunta para dar pulo ás reclamacións da organización en cuestións de acción exterior, especialmente na condena da pena de morte no mundo e a denuncia do xenocidio en Gaza.
Os dereitos humanos en España
Amnistía Internacional destaca no seu informe anual que o dereito á protesta pacífica en España continúa sufrindo retrocesos, coa entrada en prisión ou ameaza de cárcere a manifestantes pacíficos, mentres seguen sen cumprirse as promesas de reforma da Lei Mordaza ou o Código penal. É o caso de Javitxu, por exemplo, que leva case un ano en prisión por participar nunha manifestación en 2019, tras ser declarado culpable de desordes públicas e atentado á autoridade; ou de activistas da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH); así como de decenas de activistas polo clima que continúan sendo obxecto de investigación por organización criminal debido á súa participación en accións directas non violentas en nome de Futuro Vexetal, entre outros casos. A organización investigou cuestións como o arquivo das dilixencias xudiciais pola violencia policial na folga do metal en Vigo en 2023 ou o uso de tasers pola policía local de Poio e Redondela e a Policía Nacional en 2024. Igualmente, fixo seguimento de casos de presunto uso excesivo da forza en Compostela en protestas polo xenocidio en Gaza, varios casos da aplicación da lei mordaza e as denuncias por torturas no Franquismo presentadas en 2024 en A Coruña e Vigo.
Aa organización sinala que a protección dos dereitos económicos, sociais e ambientais continúa sen estar garantida en España. «Como noutros países, se estes dereitos non se protexen de maneira adecuada, España seguirá poñendo en risco as xeracións futuras, especialmente en materia do dereito á vivenda, cuns prezos dos alugueiros que aumentaron de maneira desproporcionada en comparación co salario medio. A Lei polo Dereito á Vivenda, resultou ser un avance para os dereitos humanos, pero a súa aplicación non garante a protección requirida segundo as normas internacionais, sobre todo despois de que tan só dúas comunidades autónomas, Cataluña e, de forma inicial, o País Vasco, aplicasen a fórmula establecida por esta lei para limitar os prezos dos alugueiros«, sinala Sara Prieto, voceira director da organización en Galicia.
«Tamén nos preocupa a política migratoria en España. En liñas xerais as autoridades manteñen un discurso de acollida e respecto a as persoas migrantes. Algo necesario nun momento de excesiva crispación e polarización, tal e como sinalou a propia Fiscalía Xeral do Estado na súa memoria de 2023. Pero eses discursos deben transformarse en accións: os máis de 5.000 nenos e nenas migrantes non acompañados nas Illas Canarias seguen sen estar protexidos de maneira axeitada. Isto é, sen que se melloren, a pesares dos compromisos acordados, as condicións de amoreamento que sofren estes nenos ou nenas ás veces, compartindo centros con adultos; sen que se realicen estudos individualizados de todos os nenos e nenas garantindo o interese superior do menor; e sen que leven a cabo inspecciones periódicas e adecuadas dos centros de acollida para combater posibles situacións de violencia e abusos contra eles, como denunciou Amnistía Internacional«, indica Prieto.
Na súa política exterior, o goberno español destacou por tomar medidas positivas en relación a Gaza, como o anuncio para sumarse ao procedemento iniciado por Sudáfrica contra Israel na Corte Internacional de Xustiza por presunto xenocidio en Gaza, o apoio a UNRWA ou a suspensión da aprobación de novas licenzas de transferencias de armas a Israel. Con todo, Amnistía Internacional espera que se dean pasos para recoñecer, por parte do Goberno español, a práctica do xenocidio en Gaza e, por tanto, no marco bilateral e da Unión Europea, se actúe en consecuencia.
Os dereitos humanos no mundo
Ou «efecto Trump» que se está a facer sentir no mundo agravou o dano causado por outros dirixentes mundiais durante 2024, botando por terra decenios de minucioso traballo para construír e promover os dereitos humanos universais para todas as persoas e acelerando o afundimento da humanidade nunha nova era caracterizada pola mestura de prácticas autoritarias e cobiza empresarial, segundo declarou Amnistía Internacional na súa avaliación da situación en 150 países.
«Ano tras ano, advertimos dos perigos do retroceso dos dereitos humanos. Pero os sucesos dos últimos 12 meses —especialmente o xenocidio da poboación palestina en Gaza, retransmitido en directo pero ignorado— puxeron de manifesto o infernal que pode ser o mundo para tantas persoas cando os Estados máis poderosos deixan de lado o dereito internacional e prescinden das institucións multilaterais. Nesta encrucillada histórica, na que as leis e prácticas autoritarias se multiplican por todo o mundo en interese dunha pequena minoría, os gobernos e a sociedade civil deben traballar urxentemente para levar á humanidade de volta a terreo seguro», manifestou Agnès Callamard, secretaria xeral de Amnistía Internacional.
A situación dos dereitos humanos no mundo documenta a represión cruel e xeneralizada da disidencia, a catastrófica escalada dos conflitos armados, os insuficientes esforzos por abordar o colapso climático e un crecente retroceso mundial dos dereitos das persoas migrantes e refuxiadas, as mulleres, as nenas e as persoas LGBTI. A menos que se logre dar un drástico xiro á situación mundial, todos estes aspectos deterioraranse aínda máis nun turbulento 2025.
«Transcorridos 100 días do seu segundo mandato, o presidente Trump só mostrou un total desprezo cara aos dereitos humanos universais. O seu goberno atacou con rapidez e intencionalidade esenciais iniciativas e institucións estadounidenses e internacionais que se crearon para facer do noso mundo un lugar máis seguro e máis xusto. O seu ataque sen cuartel aos conceptos mesmos de multilateralismo, asilo, xustiza racial e de xénero, saúde global e acción climática necesaria para salvar vidas está a agravar o considerable dano que xa sufriron eses principios e institucións, e animando aínda máis a outros dirixentes e movementos contrarios ao recoñecemento de dereitos a unirse á súa arremetida», engadiu Agnès Callamard.
«Pero sexamos claros: este mal é moito máis profundo que as accións do presidente Trump. Desde hai anos, presenciamos a insidiosa propagación de prácticas autoritarias entre Estados de todo o mundo, fomentadas por aspirantes e dirixentes en exercicio que actúan deliberadamente como motores de destrución. Mentres nos arrastran a unha nova era de convulsión e crueldade, todas as persoas que cremos na liberdade e a igualdade debemos prepararnos para loitar contra ataques extremos ao dereito internacional e aos dereitos humanos universais.»
A proliferación de leis, políticas e prácticas autoritarias dirixidas contra a liberdade de expresión, asociación e reunión pacífica que Amnistía Internacional documentou en 2024 foi un elemento fundamental do retroceso global dos dereitos humanos. Gobernos de todo o mundo trataron de eludir a rendición de contas, afianzar a súa poder e infundir medo prohibindo medios de comunicación, disolvendo ou suspendendo ONG e partidos políticos, encarcerando por cargos infundados de «terrorismo» ou «extremismo» a quen os criticaba, e criminalizando a defensores e defensoras dos dereitos humanos, activistas polo clima, persoas que se manifestaban en solidariedade con Gaza e outras voces discrepantes.