Autobuses, comedores, bombeiros: O PP leva ao pleno os problemas de Lugo

RESUMO INICIATIVAS PLENO ABRIL

O Grupo Popular leva ao Pleno catro propostas centradas nas necesidades reais dos lucenses: unha zona de baño fluvial para o verán de 2025, un regulamento transparente para o uso do Auditorio Fuxan os Ventos, un Plan Integral de Protección da Infancia e da Adolescencia e o impulso á mellora das conexións viarias como a N-540 e a A-56.


Tamén esiximos explicacións sobre a falta de mando nos bombeiros, a débeda da concesionaria dos buses urbanos , o abandono dun edificio en ruína en Montero Ríos e a demora na resposta para controlar as emisións en Nadela.


E denunciamos unha nova remesa de facturas por máis de 1,3 millóns con reparos de legalidade, mostra dunha xestión chapuceira.
O PP é a alternativa seria e útil fronte a un goberno que non responde ás necesidades de Lugo.

PROPOSICIÓNS

  1. Zona de baño fluvial para o verán de 2025.  Solicitamos que se realicen os trámites necesarios para acondicionar unha zona de baño no Miño
  2. Elaboración ou posta en marcha dun regulamento claro, accesible e público que estableza os criterios obxectivos do uso do Auditorio Fuxan os Ventos que o BNG ten secuestrado.dunha instalación municipal que o BNG ten“secuestrada”.
  3. Plan Integral de Protección da Infancia e da Adolescencia. Propoñemos poñer en marcha este plan para reforzar a prevención e a atención de situacións de desamparo e vulnerabilidade de menores. Lugo debe contar coas máximas ferramentas para protexer á súa mocidade.
  4. Arranxo da N-540 e impulso da A-56. Solicitamos que o Concello inste ao Goberno do Estado a mellorar o firme da N-540 que une Lugo e Ourense e que acelere os proxectos pendentes da Autovía A-56, infraestruturas claves para a conexión e seguridade viaria da provincia.

ROGOS PARA:

  1. Avances reais para implantar o servizo de comedor escolar nos CEIPs o próximo curso escolar. A concelleira de educación de acumula problemas sen resolver (escola de música, conflitos laborais en escolas infantís, falta de conserxes en colexios e mantemento). Pedimos que en vez de dedicarse a facer vídeos promocionais se dedique a xestionar con eficacia.
  2. Impulsar medidas urxentes na contorna da antiga discoteca Valentino, onde xa se produciron dende que rexistramos a petición dous incendios e viven persoas sen fogar. Urxe garantir condicións de seguridade, salubridade e hixiene.
  3. Reposición do miliario da Praza de Armañá, símbolo da importancia histórica de Lucus Augusti, actualmente en mal estado e ofrece unha imaxe de abandono da zona.
  4. Instalación de bandas reductoras de velocidade en Pena da Mula, unha demanda reiterada para mellorar a seguridade viaria da zona.

PREGUNTAS PARA SABER.-

  1. Por que motivo segue sen cubrirse a praza de sarxento no Servizo de Bombeiros, ademais de manterse unha plantilla claramente insuficiente? A ausencia dun xefe de bombeiros está xerando problemas  no funcionamento do servizo e evidencia a incapacidade do goberno local para xestionar nin sequera a contratación de persoal esencial.
  2. Que actuacións levou a cabo o goberno local tras coñecerse que a empresa concesionaria dos autobuses urbanos non está ao corrente de pago, nin cos traballadores nin coa Seguridade Social? A privatización dun servizo público non exime ao Concello da súa responsabilidade de control e supervisión.
  3. Ten previsto o Concello actuar de forma subsidiaria sobre un edificio en ruínas na rúa Montero Ríos, que leva desde maio de 2023 cunha declaración formal de estado de ruína?
  4. Cando ten previsto o goberno municipal responder á Xunta de Galicia sobre a ubicación da unidade móbil para o control de emisións na contorna de Nadela, ao carón dunha industria de transformación da madeira, así como garantir a conexión eléctrica necesaria para o seu funcionamento?

REPAROS DE LEGALIDADE.-

Este mes, o goberno local leva ao Pleno recoñecementos extraxudiciais de crédito por un total de 1.323.527,08 euros, todos eles con reparos de legalidade por parte da Intervención Municipal.

Trátase, unha vez máis, das «trapalladas habituais» dun goberno que gasta sen control nin planificación. As facturas afectan a todo tipo de áreas: dende suministro de gas natural, limpeza, mantemento de campos de fútbol ou redes sociais, ata festas como o Arde Lvcvs ou o San Froilán, control de tráfico, aluguer de vehículos ou retirada de coches da vía pública.

Son gastos recorrentes que o goberno debería prever, contratar de forma legal e executar con rigor. En lugar diso, funcionan a golpe de improvisación e deixan un rastro de facturas “trampa” que acaban chegando ao pleno como unha rutina, demostrando unha nefasta xestión económica.

Comparte éste artículo
No hay comentarios