O evento celebrouse a pasada fin de semana en Madrid, cun maratón de 25 horas ininterrompidas de programación.
O equipo PixelPixies, formado polas alumnas do Grao en Ciencia e Enxeñería de Datos (GCED) da Universidade da Coruña Ana Cives Trillo, Inés González Rodríguez e Paula Miragaya López, vén de gañar a final do prestixioso hackathon nacional HPECDSSpain, tras vencer nafinal a outros catro equipos procedentes da Universidade de Deusto; a Universidade Francisco de Victoria de Madrid (UFV, a Universidade Loyola de Sevilla e a Universidade de Castela A Mancha (UCLM).
O Tech Challenge nacional, ou HPECDSSpain, é un evento organizado pola compañía tecnolóxica Hewlett Packard Entreprise que busca descubrir futuros talentos do sector tecnolóxico en España. Nel compiten os mellores equipos procedentes de universidades de toda España.
As tres estudantes do GCED da UDC, que se imparte na Facultade de Informática da Coruña (FIC), foron seleccionadas tras meses de competición contra equipos de elite das universidades españolas; preto de 400 rivais, dos que saíron os 5 únicos equipos finalistas desta cuarta edición do hackathon TechChallenge de Hewlett Packard Enterprise.
O grupo vencedor deuse a coñecer na final do certame celebrada o pasado fin de semana en Madrid, tras un maratón de 25 horas ininterrompidas de programación. Unha competición, celebrada esta pasada fin de semana en Madrid, na que as estudantes da UDC estiveron acompañadas polas profesoras da FIC Hilda Romero Velo e Paula María Castro Castro, vicedecana de Relacións Institucionais da Facultade.
O HPE CDS Tech Challenge
No HPE CDS Tech Challenge GreenLake Data Edition o estudantadouniversitario tivo a oportunidade de abordar problemas reais que afectan tanto a comunidades rurais despobladas como a corporacións globais. Desde a revitalización económica de zonas deprimidas ata a optimización de recursos en empresas líderes, este desafío propón desenvolver solucións que, a través da análise avanzada de datos e o uso de IA, melloren a distribución de recursos, impulsen o crecemento sostible e optimicen a toma de decisiónsestratéxicas.
Retos relacionados, por exemplo, coa eficiencia enerxética, a migración, o turismo, a calidade de vida, a seguridade ou a economía, que demandan a creación de novas solucións baseadas en datos e IA, que permitan optimizar a forma en que as persoas viven e traballan. Trátase, en definitiva, de buscarsolucións innovadoras que resolvan desafíos sociais e empresariais, demostrando o poder transformador da tecnoloxía nun mundo en constante evolución.
Premios
Como vencedoras da final desta 4ª edición do HPECDSSpain, as alumnas da UDC conseguiron uha bolsa ou contrato co grupo Hewlett Packard Enterprise, así como formación por parte da compañía para a obtención da súa “Insignia Digital HPE”.
Ademais, o hackathon conleva un premio colectivo tecnolóxico para a entidadeeducativa á que pertence o equipo gañador.