José Luis Calo esixe o mantemento inmediato de “Os Rodeiros do Río Tambre” e a atención ás zonas rurais: “Só acórdanse cando chegan as eleccións”

O Coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, denunciou o estado de abandono no que se atopan as sendas de Os Rodeiros do Río Tambre, unha das principais zonas verdes da comarca de Noia. As rías de Noia e Muros son uns dos lugares imprescindibles en Galicia. Nesta ocasión, desprazámonos ata o río Tambre, onde percorreremos os carreiros que hai moi preto da ponte medieval de Nafonso.

Atoparemos os rodeiros, uns dispositivos para facilitar a pesca da lamprea, moi famosa na zona, ademais de numerosos postos de pesca e un refuxio que era utilizado cando atrapaban este manxar, xa que o momento no que mellor se pesca prodúcese pola noite. Un lugar incrible con moita vexetación albergando unha das Centrais Hidroeléctricas máis bonitas e mellor conservada de toda España. Un roteiro dividido en tres partes e cores dirixida para toda a familia, podéndose realizar durante todo o ano. Sen case desnivel e cunha panorámica dun dos ríos con máis caudal de Galicia, fan da zona un percorrido indispensable a ter en conta se viaxas a terras galegas. Os Independentes sinalan todas as deficiencias da senda, que presenta pasarelas de madeira podrecidas e un risco evidente, anacos de camiño onde é case imposible pasar pola cantidade de maleza e a ponte colgante presenta grandes deficiencias que fan correr o risco de accidente.

Dende Unión de Cidadáns Independentes aseguran que seguirán defendendo o mantemento integral de todas as infraestruturas de Galicia, vivan onde vivan os veciños: “O abandono das zonas rurais é unha realidade. Nós non imos calarnos ante ese deixamento”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios