Noelia P. Fompedriña “ O alcalde de Outeiro de Rei esixe como deputado provincial o que el non fai no seu concello.
O BNG de Outeiro de Rei pídelle ao seu alcalde, Sr. Pardo, que faga no concello o mesmo que esta a esixir á deputación de Lugo, que cumpra coas súas responsabilidades e comence o desbroce nas estradas do concello.
Nos últimos anos, dende o Concello de Outeiro de Rei, o desbroce das pistas faise mesmo xa rematado o verán e avanzado outono, cando o recomendado sería facelo iniciada a primaveira (nalgunha Parroquia do Concello o desbroce en 2024 chegou o mes de outubro)
En Outeiro xa vivimos semanas nas que resulta arriscado circular polas estradas municipais: «ademais de que nalgunhas curvas a visibilidade é limitada, a falta de desbroce incrementa o perigo» explica a concelleira nacionalista. Isto mesmo chegou a provocar accidentes en anos pasados.
Ademais para os peóns a situación aínda é moito peor, pois ao ter que camiñar pola calzada e querer apartar para a cuneta e imposible “pois non es capaz de saber onde esta a cuneta por non ser visible”
Dende o BNG de Outeiro de Rei critican esta falta de planificación asi como a demagoxia do Sr. Pardo que como deputado provincial esixe á deputación algo que no seu concello el é incapaz de levar adiante, “a nefasta planificación do traballo xunto coas súas decisións políticas de inverter recursos do concello en obras faraónicas que despois non se rematan, levan a que os traballos de mantemento das estradas non se poidan realizar” conclúe Noelia