Xinzo de Limia: Piden a recuperación do nome da rúa Outurelo

En Xinzo hai unha rúa que habería que devolverlle o nome que sempre tivo e que se modificou sendo alcalde Jesús Carlos Romero Nieto que durante o seu mandato pavimentou media rúa Outurelo con laxedo de pedra e os concelleiros agradecidos modificaron o nome e lle puxeron o nome do alcalde: Jesús Carlos Romero Nieto, figurando con este nome na actualidade. Infrinxindo a lei da Memoria Histórica que prohibe os nomes de franquistas nas rúas e prazas.

Foi un destacado falanxista Delegado de Información e Investigación,  que cos seus informes contribuíu dalgunha maneira en sinalar aos que eran desafectos ao novo réxime coas consecuencias que todos coñecemos.

Miro R. Carracedo comenta que esta rúa xa figura no catastro do Marqués de Ensenada de 1753 como Outarelo (así chamaban a ponte que estaba ao final da rúa). En diversas actas do concello de Xinzo, de principios do século XX, figura de distintas maneiras segundo quén o escribira: OutareloOuterelo, Outorelo (1933) ou Outurelo. Actualmente os veciños falan da rúa de Outurelo. Esta rúa é denominada no plano de 1920 como Calle del Toral. No rueiro modificado en 1935 figura cos nomes anteriores de Calle de Outorelo o del Toral,  pasando a chamarse Calle del Toral (os veciños sempre a nomearon como rúa de Outurelo), nome que levou ata mediados dos anos 1950 nos que sendo alcalde J.C. Romero pavimentou media rúa con laxedo de pedra e os concelleiros agradecidos modificaron o nome e lle puxeron o do alcalde: Jesús Carlos Romero Nieto, figurando con este nome na actualidade. Infrinxindo a lei da Memoria Histórica que prohibe os nomes de franquistas nas rúas e prazas

Comparte éste artículo
No hay comentarios