A Deputación da Coruña aproba o POS+Social 2025, que destina 7 millóns de euros a reforzar os servizos sociais nos concellos da provincia

O programa permite financiar servizos como a axuda no fogar, xantar na casa, respiro familiar, programas de conciliación e apoio a persoas maiores e familias vulnerables.

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade de todos os grupos políticos unha nova achega do POS+Social, a liña específica do Plan Único destinada a fortalecer os servizos sociais municipais. Este ano, o programa contará cun orzamento de 6.992.300 euros, que serán repartidos entre os 93 concellos da provincia para atender necesidades prioritarias no ámbito do benestar social.

Segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, “o POS+Social constitúe un apoio fundamental para que os concellos poidan desenvolver políticas sociais que melloran a calidade de vida de milleiros de persoas, especialmente maiores, persoas dependentes, con diversidade funcional ou menores de familias en situación de vulnerabilidade”.

A través deste fondo, os concellos poderán financiar programas e servizos como o reforzo e ampliación do servizo de axuda no fogar, o servizo de xantar na casa, actividades de acompañamento e socialización, programas de conciliación familiar e laboral, servizos de fisioterapia e terapia ocupacional, ou axudas directas a persoas e familias en risco de exclusión. Tamén se permite a contratación ou reforzo de persoal técnico e administrativo dos servizos sociais municipais ou dos servizos de axuda no fogar municipais, así como investimentos en infraestruturas ou equipamentos que melloren a atención á cidadanía.

Un programa consolidado que naceu na pandemia

O POS+Social foi creado no ano 2020, en plena crise sanitaria da covid-19, como resposta ao incremento das necesidades sociais nos concellos. Desde entón, consolidouse como unha das liñas máis valoradas do Plan Único pola súa capacidade de adaptación ás realidades e prioridades de cada municipio. En cinco anos, a Deputación destinou máis de 61 millóns de euros a esta liña de apoio ao tecido social local.

Reparto territorial

O orzamento distribúese entre as comarcas de A Coruña (1,59 millóns), Santiago (2,01 millóns), Bergantiños-Costa da Morte (1,21 millóns), Ferrolterra, Eume e Ortegal (1,29 millóns) e Barbanza (880.000 euros). A maior parte dos fondos destínanse a gasto corrente, aínda que tamén se contemplan achegas para investimentos específicos.

A comarca de Santiago lidera o volume de fondos, seguida polas comarcas da Coruña, Ferrol, Bergantiños-Costa da Morte e Barbanza. A distribución baséase nos mesmos criterios obxectivos do POS, tendo en conta aspectos como como a poboación, a superficie ou a dispersión territorial.

O POS+Social é un exemplo maís do modelo de cooperación municipal que promove a Deputación da Coruña, no que a administración provincial actúa como garante da igualdade territorial e de acceso aos dereitos sociais, prestando especial atención aos concellos pequenos e rurais, que adoitan ter máis dificultades para manter servizos sociais estables por falta de recursos propios.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, salientou que “apostamos por un modelo de política social que poña ás persoas no centro, con servizos próximos, humanos e adaptados á realidade de cada concello. O POS+Social é unha mostra de como a colaboración entre administracións pode traducirse en mellores condicións de vida para milleiros de persoas”.

Comarca A Coruña
ConcelloTotal concedido  Achega gasto corrente  Achega investimento 
ABEGONDO76.859,0174.359,012.500,00
ARANGA61.321,2759.247,782.073,49
ARTEIXO174.517,09174.517,090,00
BERGONDO56.944,2556.944,250,00
BETANZOS69.955,8169.955,810,00
CAMBRE121.357,52121.357,520,00
CARRAL57.309,1157.309,110,00
COIRÓS34.897,7534.897,750,00
A CORUÑA29.082,4229.082,420,00
CULLEREDO146.538,72128.388,7218.150,00
CURTIS66.226,8263.226,823.000,00
IRIXOA38.523,3336.493,002.030,33
MESÍA64.943,8764.943,870,00
MIÑO54.641,0953.133,021.508,07
OLEIROS163.791,94163.791,940,00
PADERNE40.893,8130.200,8010.693,01
SADA85.395,6585.395,650,00
SOBRADO DOS MONXES65.841,7865.841,780,00
VILARMAIOR30.143,1829.663,18480,00
VILASANTAR40.508,1939.708,19800,00
OZA-CESURAS109.848,17109.848,170,00
TOTAL1.589.540,781.548.305,8841.234,90
Comarca Santiago
ConcelloTotal concedido  Achega gasto corrente  Achega investimento
AMES158.605,14158.605,140,00
ARZÚA104.674,13104.674,130,00
A BAÑA68.428,6868.428,680,00
BOIMORTO56.732,4656.732,460,00
BOQUEIXÓN63.195,6463.195,640,00
BRIÓN71.690,6371.690,630,00
DODRO33.133,0133.133,010,00
FRADES56.394,5956.394,590,00
MELIDE97.827,4597.827,450,00
NEGREIRA88.804,8388.804,830,00
ORDES116.981,77116.981,770,00
OROSO71.587,7271.587,720,00
PADRÓN61.903,0461.903,040,00
O PINO82.281,6882.281,680,00
ROIS68.020,9360.103,417.917,52
SANTA COMBA127.270,32121.770,325.500,00
SANTIAGO DE COMPOSTELA124.607,24124.607,240,00
SANTISO56.327,5656.327,560,00
TEO114.311,71108.624,715.687,00
TOQUES49.439,7949.439,790,00
TORDOIA70.529,6370.529,630,00
TOURO78.760,4678.760,460,00
TRAZO64.260,8264.260,820,00
VAL DO DUBRA69.780,1169.780,110,00
VEDRA57.650,1757.650,170,00
TOTAL2.013.199,511.994.094,9919.104,52
Comarca Bergantiños-Costa da Morte
ConcelloTotal concedido  Achega gasto corrente  Achega investimento
CABANA DE BERGANTIÑOS66.695,9466.695,940,00
CAMARIÑAS49.178,2549.178,250,00
CARBALLO195.413,37195.413,370,00
CEE61.712,5861.712,580,00
CERCEDA71.715,5469.901,041.814,50
CORCUBIÓN20.320,1519.596,57723,58
CORISTANCO92.683,7492.683,740,00
DUMBRÍA71.567,0371.567,030,00
FISTERRA39.421,4532.421,457.000,00
LAXE38.455,6437.345,631.110,01
A LARACHA103.032,9488.464,5514.568,39
MALPICA DE BERGANTIÑOS56.276,4356.276,430,00
MUXÍA79.514,2479.514,240,00
PONTECESO73.821,4073.821,400,00
VIMIANZO107.523,06107.523,060,00
ZAS86.752,3886.752,380,00
TOTAL1.214.084,141.188.867,6625.216,48
Comarca Ferrol
ConcelloTotal concedido  Achega gasto corrente  Achega investimento
ARES42.383,1042.383,100,00
CABANAS39.669,0439.669,040,00
A CAPELA35.525,3935.525,390,00
CEDEIRA67.703,6652.376,1615.327,50
CERDIDO33.210,9933.210,990,00
FENE71.493,7171.493,710,00
FERROL56.766,6156.766,610,00
MAÑÓN47.536,2743.050,724.485,55
MOECHE34.672,1034.672,100,00
MONFERO78.343,8673.978,864.365,00
MUGARDOS39.851,2732.520,827.330,45
NARÓN173.082,01173.082,010,00
NEDA39.219,5539.219,550,00
ORTIGUEIRA119.460,9194.460,9125.000,00
PONTEDEUME54.720,6154.720,610,00
AS PONTES143.791,19125.791,1918.000,00
SAN SADURNIÑO58.450,4358.450,430,00
AS SOMOZAS45.776,2445.776,240,00
VALDOVIÑO70.078,1068.078,102.000,00
CARIÑO43.322,7843.322,780,00
TOTAL1.295.057,821.218.549,3276.508,50
Comarca Barbanza
ConcelloTotal concedido  Achega gasto corrente  Achega investimento
BOIRO111.318,4640.168,4671.150,00
CARNOTA51.398,6751.398,670,00
LOUSAME57.303,2257.303,220,00
MAZARICOS94.905,6094.905,600,00
MUROS70.164,1970.164,190,00
NOIA75.785,4675.785,460,00
OUTES73.588,4873.588,480,00
A POBRA DO CARAMIÑAL56.932,9856.932,980,00
PORTO DO SON82.649,3382.649,330,00
RIANXO72.359,3572.359,350,00
RIBEIRA134.012,37134.012,370,00
Total880.418,11809.268,1171.150,00
TOTAL ACHEGAS POS+SOCIAL
ComarcaTotal concedidoAchega gasto correnteAchega investimento
A Coruña1.589.540,781.548.305,8841.234,90
Santiago2.013.199,511.994.094,9919.104,52
Bergantiños-Costa da Morte1.214.084,141.188.867,6625.216,48
Ferrol1.295.057,821.218.549,3276.508,50
Barbanza880.418,11809.268,1171.150,00
Total6.992.300,366.759.085,96233.214,40
Comparte éste artículo
No hay comentarios