Que alguén se molle rozando a prevaricación ao cargar gastos propios a unha institución por valor de 1,28€ non é doado, so está ao alcance de moi poucas persoas, unha o alcalde de Oleiros.
Os socialistas de Oleiros descubren e denuncian que o alcalde facturou gastos de Carnaval do seu propio disfraz ás arcas do Concello. No pasado entroido o Sr. García Seoane cargou ao Concello unha factura de 1,28 €, correspondente a «gastos disfraz», supoñemos que sería o prezo do antifaz que levaba posto.
No último Pleno o Grupo Municipal Socialista preguntoulle ao alcalde por esa factura de 1,28€, xa que dada a súa escasa cuantía produce moitos máis gastos na súa xestión que o que supón o seu importe e ademáis obriga aos funcionarios a adicar tempo a súa tramitación.
Eses cartos, eses 1,28€ aparecen rexistrados como gastos de entroido e foron aboados polos veciños e veciñas de Oleiros polo que a pregunta é se cando o señor alcalde se disfraza o fai en calidade de máxima autoridade do Concello, entón sería un gasto institucional, ou o fai como o señor García, un veciño máis do Concello que debería pagarse o su disfraz, como por certo fan todos los demáis veciños, e como ademáis fan todos os demáis alcaldes da contorna.
Gelo cobra entre Concello e Deputación máis de 90.000€ ao ano.
Sea como fora parécenos difícil de explicar que un alcalde que cobra más de 90.000 entre concello e Deputación euros facture un euro e vintaoito céntimos ao Concello por gastos propios de Entroido. Tal vez por eso non nos contestou axeitadamente no pleno pasado a nosa pregunta.»