Os veciños do barrio da Residencia de Lugo non comparten a valoración dunha asociación do Barrio de Casás en relación co aparcadoiro da Avda Breogán

Os veciños do Barrio da Residencia lemos hoxe na prensa unha valoración da obra do aparcadoiro que impulsou a Xunta de Galicia no barrio, por parte dunha asociación que indica defender os intereses do barrio de Casás, pese a estar domiciliada en Soñar (Lamablanca). Indica esta asociación que as obras realizadas para dotar dun aparcadoiro á zona provocaron inundación nas vivendas colindantes, cando no entorno do aparcadoiro no existe vivenda algunha tal como se pode comprobar na seguinte imaxen

As obras do aparcadoiro incluían a canalización do rego das Saamasas dende a rúa Orquidea ata o final do seu ámbito de actuación, non existindo canle limítrofe co aparcadoiro, xa a canle existente está incluída no propio ámbito da intervención.

A raíz da canalización das augas da zona e a falta de limpeza das cunetas, veuse afectada a rúa Monte Pena Rubia, xa que as tubaxes para salvar o rego non eran capaces de asumir o caudal de auga que se desbordaba e anegaba a rúa, tal como se indica nestas dúas imaxes obtidas durante a execución da obra.

Motivo polo cal a Xunta de Galicia está nestes momentos executando unha obra, reclamada pola veciñanza, especialmente do barrio de Casás, que dará solución a estes problemas de xestión da auga incorporando un sistema de drenaxe e muros de contención así como reposición do pavimento afectado, de xeito que os veciños do barrio de Casás non teñan dificultades para o acceso a seu barrio en condicións de seguridade.

Dende esta asociación non defendemos máis que os intereses dos veciños con lealdade, como xa vimos demostrando dende fai moitos anos, motivo polo que gañamos a confianza dos mesmos, e así o seguiremos a facer, sen tratar de terxiversar a realidade e con respecto cara a veciños e políticos.

Comparte éste artículo
No hay comentarios