Xunta de Persoal do Hospital da Mariña. Día 19: Responsables dimisión xa que coa nosa saúde non se xoga

O SERGAS leva anos acelerarando o deterioro da sanidade pública da Mariña, provocando unha falta de profesionais que afonda na precariedade do sistema.

Isto tradúcese en graves consecuencias para o dereito á saúde da cidadanía da Mariña, con atrasos no diagnóstico, listas de espera interminábeis, derivacións a Lugo e un persoal sanitario ao límite.

As demoras para acceder a consultas, probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas seguen aumentando, `»sen que a Dirección do Hospital da Mariña, o Xerente da Área Sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte contemplen medidas urxentes para poñer solucións, polo que pedimos que asuman as súas responsabilidades ou presenten a dimisión», conclúen.

Comparte éste artículo
No hay comentarios