A Xunta colabora coas festas do barrio lucense da Piringalla, que se celebrarán do 14 ao 18 de maio

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación do programa das festas da Piringalla, que se celebrarán entre os días 14 e 18 de maio co apoio do Goberno galego. No acto participaron o delegado territorial, Javier Arias, e membros da Asociación de Veciños, Cultural e Deportiva deste barrio da capital, presidida por Ricardo Varela, que se encarga de organizar os festexos.

A programación comezará o mércores 14, co pregón a cargo do xornalista Francisco Rivera Cela, a entrega dos bastóns de ouro de San Isidro 2025 e unha solta de globos en símbolo da paz, entre outras actividades.

Durante os cinco días haberá diferentes barracas e actividades lúdicas, entre as que figura a celebración do noveno campionato do mundo en lanzamento de pantuflas, que se desenvolverá o venres 16 a partires das 20.00 horas. Tamén se celebrarán verbenas todas as noites a excepción do domingo, cando se clausurará o programa cunha degustación gratuíta de chocolate con churros para os nenos e nenas.

Comparte éste artículo
No hay comentarios