O Liceo de Ourense acollerá o espectáculo de humor “Dous rombos… Pasa para a cama” con Sergio Alba

Calquera tempo pasado, foi mellor… ou non!

Sergio Alba, chega a Ourense co espectáculo de humor «Dous rombos… Pasa para a cama» Un show no que o pasado, estará moi presente.

É inevitable, co paso dos anos, botar a vista atrás e reconfortarse na felicidade vivida nas nosas idades máis tempranas. Pero, o certo é que ademais de fermosas lembranzas, hai tamén moitas cousas das que quizais non nos sentimos demasiado orgullosos, e que sempre é mellor enfocar desde o punto de vista do humor.

Asi, nace este espectáculo, coa única pretensión de asomarnos cun sorriso a aquela época na que nos mandaban para a cama, poñendo dous rombos na pantalla do televisor.

Unha época na que pasamos do branco e negro á cor, sen darnos apenas conta, e que foi abrindo paso pouco a pouco a unha nova forma de ver e vivir a realidade.

Para asistir a este show retro-activo, soamente precisades gañas de desenchufarvos da rutina dixital, e aceptar o reto de rirnos do noso lado máis analóxico.

O PASE ÚNICO, SERÁ O MÉRCORES 28 DE MAIO A PARTIR DAS 20.00 HORAS NO LICEO DE OURENSE.

ENTRADAS, XA DISPOÑIBLES NO LICEO. O AFORO É LIMITADO

Comparte éste artículo
No hay comentarios