O PP afea a Tomé que “deixara fóra” do seu último plan de estradas vías provinciais “rebentadas” como a LU-P-3201 e a LU-P-5901 en Sober

A vía provincial que comunica o núcleo de Sober co de Canabal, a LU-P-5901, atópase “desfeita” polo que os populares a poñen como exemplo de “falta de mantemento e actuacións durante anos” por parte do goberno de PSOE e BNG ao que lle reclaman “melloras para garantir condicións de seguridade para os usuarios da rede de estradas da Deputación”.

O voceiro do PP na Deputación, Antonio Ameijide, pon como exemplo de “vías desfeitas nas que o goberno provincial non actúa” asestradas provinciais LU-P-5901 e LU-P-3201, no tramo pertencente ao municipio de Sober. 

Concretamente, o popular afea que non se tiveran en conta entre as estradas que recentemente Tomé anunciaba que serían arranxadas. Ameijide sinala que“deciden arranxar as que están algo mellor e deixar de actuar naquelas que están desfeitas coma estas”, o que supón “dificultades para circular por estas estradas”.

A vía provincial que comunica o núcleo de Sober co de Canabal, a LU-P-5901, atópase “rebentada” polo que os populares a poñen como exemplo de “falta de mantemento e actuacións durante anos” por parte do goberno de PSOE e BNG.

O popular incide en que “hai outras estradas provinciais que están nun estado relativamente mellor ca esta e si entran dentro do plan de estradas; pero estas vías de Sober, non. Ademais, é curioso porque unha delas comunica do concello veciño de Monforte, onde goberno o presidente da Deputación”.

“Se fai arredor de dous meses advertíamos da falta de solidariedade de Tomécando anunciaba o arranxo integral da LU-P-3201 no tramo de Monforte e deixaba o tramo de Sober, agora cremos que xa é unha discriminación. Tomé tiña a oportunidade de demostrar que é xusto e solidario incluíndo o arranxo integral da parte da estrada que se atopa no termo municipal de Sober para garantir a mellora completa da vía e garantir a seguridade dos usuarios, veciños de toda a zona e non só de ambos municipios”. 

O popular cre que “tanto os veciños de Monforte coma os de Sober teñen dereito a que se reasfalte a estrada na súa totalidade”. Polo tanto, non cuestiona as obras no tramo de Monforte xa que incluso os deputados do Grupo Provincial Popular reivindicaban fai máis dun ano a súa mellora ao seu paso pola parroquia de Piñeira tras manter un encontro cos concelleiros do PP de Monforte e veciños da zona que reclaman dotar á vía de beirarrúas e pasos de peóns elevados. 

“Pero estas actuacións non se aprecian no proxecto publicado na plataforma de contratación da Deputación de Lugo, para o tramo de Sober só anunciou un rebacheo que tampouco consta no proxecto e agora esta estrada fóra do último anuncio do plan de estradas provinciais”, remarcou.

SEGURIDADE NAS VÍAS PROVINCIAIS

Os populares insisten en reclamar ao goberno de PSOE e BNG “melloras para garantir que os usuarios dispoñan dunhas condicións de seguridade na rede de estradas da Deputación”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios