- Solicitamos o 14 de febreiro o acceso ao expediente do PAI “Novo Norte” e o 24 de febreiro nos contestan que non estaba completo “todavía es objeto de trabajo, y hasta que este se dé por finalizado no procede su consulta y análisis”. Volvemos a solicitar o 23 o permiso para revisar esta documentación e nos emprazan para o 2 de maio.
- Unha vez concedido o acceso comprobamos que non existía ningún documento que concretase itinerarios de accesibilidade nin conectividade entre a Intermodal e o centro da cidade. Nada que fixera referencia a idea que presentou o PP.
- A proposta que presentamos o día de onte forma parte das nosas alegacións aos orzamentos municipais que rexistramos o pasado 28 de xaneiro e na que solicitabamos destinar unha partida de 180.000€ para a redacción dun proxecto que habilite as medidas necesarias para achegar a Estación Intermodal ao centro de Lugo. A solución que fixemos pública onte é froito dun traballo rigoroso que levamos desenvolvendo máis dun ano e que conta co apoio da Mesa de Urbanismo do Grupo Municipal do PP.
- Resulta esperpéntico que o goberno se moleste porque a oposición traballe e propoña, e máis aínda que nos acuse de “plaxiar” un documento que nin presentaron, nin difundiron, nin incluíron no expediente. Para que exista plaxio ten que existir primeiro unha proposta real.
- A reacción do goberno local, acusando á oposición de plaxio sen base algunha, é propia dun executivo máis preocupado por controlar os tempos da comunicación que por facer o seu traballo. Resulta moi significativo que, logo de 25 anos no goberno, a súa maior preocupación sexa adiantarse nunha proposta ao Partido da oposición, en lugar de facer que as cousas pasen.
- Cando non existe ningún documento previo, nin constancia pública da súa proposta falar dun plaxio, si efectivamente a nivel interno teñen algún traballo feito que nós descoñecemos, a reacción do goberno é froito dunha desconfianza interna.
- Nós seguiremos a nosa folla de ruta, traballando con rigor, planificación e transparencia, propoñendo solucións reais para Lugo e defendendo os intereses dos lucenses.
As ideas dos gobernos non se plaxian: desfrútanse, porque teñen que executarse.