Afectan ás estradas que discorren polos núcleos de Padronelo, O Campo da Porta, Lexase A Torre.
As obras previstas nos dous proxecto de mellora da rede viaria nas parroquias de Cabovilaño e Lendo comezarán a executarse nos próximos días despois da reunión mantida hoxe nos lugares das actuacións polos concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Pablo Cambón co representante da empresa adxudicataria, Excavaciones y Obras Candal S.L., e o director de obra na que se realizaron as últimas comprobacións antes de iniciar os traballos. En total serán investidos 169.000 euros.
O proxecto de Cabovilaño afecta ao núcleo de Padronelo. Consiste na renovación da superficie de rodadura da estrada e no acondicionamento dos sobreanchos, que serán aproveitados para ampliar a plataforma da calzada e crear espazos para o aparcamento de vehículos, incluíndo o retranqueo dos postes do tendido eléctrico. Ademais, dotarase á vía cunha nova rede de recollida de augas pluviais. Culminaranse os traballos coa sinalización horizontal e vertical para reforzar a seguridade viaria.
No caso de Lendo a actuación prevé a nova pavimentación con aglomerado asfáltico en quente da estrada que discorre entre os núcleos do Campo da Porta, Lexas e A Torre ao longo dunha distancia lineal aproximada de 1.700 metros. Inclúese a limpeza das cunetas, a recuperación dos bordes da calzada e, por último, a sinalización horizontal e vertical.