O implicado foi localizado pola Garda Civil, caído nunha zona de brañas e con síntomas de hipotermia. Foi evacuado ao Hospital Clínico de Santiago.
Un familiar informou ao 112 Galicia pouco antes das 19 horas de onte, explicando que a persoa saíra da casa contra o mediodía e que aínda non retornara. desde o 112 Galicia alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e ao GES de Padrón.
Pasadas as 21 horas, a Garda Civil confirmou que o atoparan e que precisaba asistencia sanitaria.