Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento atendendo ás necesidades reais das asociadas

Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next prepara neste mes de maio a súa posta en funcionamento, definindo entre todas as empresas asociadas, as primeiras accións a desenvolver. Para iso celébranse no Parador de Turismo de Monforte de Lemos unhasxornadas de traballo con dinámicas de participación grupal para identificar conxuntamente as principais necesidades e prioridades dos socios e do territorio.

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas, número adecuado para poder desenvolver este tipo de dinámicas grupais que están guiadas polo equipo redactor do Plan Estratéxico da Asociación.

Ao remate destas xornadas contarase con 8 liñas básicas de actuación e a prioridade a darlle a cada unha. “A Asociación terá así cun plan de acción para as necesidades reais dos asociados, resultado dun proceso participativo onde cada integrante da asociación aporta a súa visión”, explica o secretario da Asociación, Severino Rodríguez.

Estas xornadas grupais para asociados son resultado do Plan Estratéxico que a Universidadeda Coruña levou a cabo para a Asociación e que se presentaba no restaurante Don Manuel, en febreiro deste ano coa asistencia de case 200 persoas interesadas na actividade quedesenvolve este colectivo empresarial.

Tamén neste mes de maio confirmábase a forma xurídica definitiva coa que se traballará, déixase Agrupación de Interese Económico (AIE) para denominarse: “Asociación de EmpresasRibeira sacra Next”. 

Parte do equipo da Asociación avanza tamén no proceso de selección para a Xerencia. A empresa que xestiona ás candidatas e candidatos xa enviou os perfiles que máis se adaptan ásnecesidades da Asociación e nos próximos días comenza o proceso de selección, no que pode participar tamén calquera empresa asociada que o desexe.

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next presentará próximamente a web con información das empresas asociadas e onde atopar toda a actualidade das iniciativas desenvoltas. Mentresas empresas interesadas en formar parte da Asociación deben rexistrarse a través da web

https://ribeirasacranext.gal/home e despois contactaranas desde a Asociación.

Comparte éste artículo
No hay comentarios