Os populares esixen aclarar os motivos do cambio e se o Goberno central ten previsto adoptar medidas para reducir as retencións e os tempos de viaxa, especialmente coincidindo coas operacións saída e retorno.
O PP lucense leva ao Congreso e ao Senado “a variación do plan de tráfico” que estaba previsto polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible na provincia de Lugo con motivo das obras na A-6. Así o explican o senador José Manuel Balseiro e a deputada nacional Cristina Abades.
O propio Ministerio comunicaba a comezos de xullo que as afeccións ao tráfico na provincia de Lugo se estenderían ata comezos de setembro divididas en 5 fases. Dentro dese dispositivo, estaba previsto que nalgunha das fases se empregara a N-VI como desvío e noutros tramos mediante transfercirculando en dobre dirección -un carril por sentido- pola calzada en sentido A Coruña.
“O propio Ministerio prevía cortes en 5 tramos moito máis curtos”, indica Abades. Pero, aa realidade é que veciños, viaxeiros e transportistas sofren as consecuencias dun corte ao tráfico de 50 km dunha soa vez na principal comunicación da provincia coa Meseta e o desvío do tráfico pola estrada nacional dende O Corgo ata Pedrafita pasando polo centro de Becerreá, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e, ata fai uns días, tamén por Baralla”, segundo engade Balseiro.
Os populares consideran que se trata dunha “desafortunada decisión” que está xerando “un importante caos circulatorio” que afecta tanto aos desprazamentos de longo percorrido con importantes retencións e incrementos de tempos da viaxe -de entre hora e media ou 2 horas- como á mobilidade dos municipios da zona.
Os representantes do Partido Popular nas Cortes Xerais esixen explicacións ao Goberno de Sánchez ante os prexuízos que está a causar este cambio con respecto ao previsto inicialmente. para o plan de mobilidade. Concretamente queren que o Executivo dea a cara para aclarar os motivos do cambio e se ten previsto adoptar medidas para reducir as retencións e os tempos de viaxa, especialmente coincidindo coas operacións saída e retorno das vacacións de verán.
Dende o PP lucense aseguran que “non criticamos as obras”. De feito, “levamos moitos anos demandando a mellora da A-6 porque é necesaria. O que non compartimos é a forma na que se realizan os desvíos”.