“Este suceso debe de marcar un antes e un despois nas relacións destas asociacións e Federación Veciñal coas administracións xa que os cartos públicos non poden destinarse a persoas ou grupos que discriminan pola ideoloxía ou afiliación política de calquera persoa, ou incluso por outro tipo de motivos”.
O Partido Popular na provincia de Lugo esixe aos gobernos da Deputación de Lugo e do Concello de Lugo que retiren calquera tipo de axudas ou financiamento público a calquera asociación ou Federación de veciños que “vete o acceso a actos públicos a calquera persoa pola súa orientación ou afiliación política”.
Dende o Partido Popular da provincia de Lugo consideran “inadmisible” que onte se vetase o acceso a un pregón público a dúas concelleiras do Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo, “unicamente por ser afiliadas do Partido Popular”.
Dende o PP de Lugo afirman que non se poden empregar este tipo de prácticas nunha sociedade democrática xa que “é inaudito, inconcibible e inadmisible que se lle prohiba a entrada a un acto público, financiado por administracións gobernadas por PSOE e BNG, a ningún concelleiro nin ningunha persoa pola súa ideoloxía política”.
“Este suceso debe de marcar un antes e un despois nas relacións destas asociacións e Federación Veciñal coas administracións xa que os cartos públicos non poden destinarse a persoas que discriminan pola ideoloxía ou afiliación política de calquera persoa, ou incluso por outro tipo de motivos”.
O voceiro popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, explicou que “neste acto en concreto, a feira da Milagrosa, constatamos que conta con financiación directa da Deputación de Lugo polo que seguiremos con todo detalle a financiación coa que contan este tipo de asociacións ou Federacións por parte deentes públicos, que semella están a soster un conglomerado de asociacións que dende onte deixaron claro que renuncian á democracia”.