Daniel Castro (BNG) leva ao Parlamento a «inadmisible» actuación da dirección do Hospital dá Mariña

A situación vivida no Hospital da Mariña esta semana, donde as direccións do Hospital e da Área Sanitaria exerceron sin ningún tipo de escrúpulos unha burda represión contra os profesionais e pacientes que alí se concentraban pacíficamente, igual ca en días anteriores, é algo inaudito e que reflicte claramente a incapacidade e a negativa e a cerrazón  tanto da directora do hospital coma do xerente da área sanitaria  a solucionar calquer tipo de problema  na sanidade pública.

Desde o BNG, o responsable comarcal Antonio Veiga afirma que «hai que ter moi pouca vergonza para pediren a directora María José Cortés  e o xerente Ramón Ares que non se instrumentalice a sanidade cando eles dous en días pasados participaron xunto co Conselleiro de Sanidade nun acto partidario e propagandístico do Partido Popular»  que engadíu tamén que «parece que lles preocupa máis a normativa de instalación de pancartas que a lexislación sanitaria, que eles cambiaron para suprimir a nosa Área Sanitaria»

Preguntas  no Parlamento

Pola súa banda, Daniel Castro manifestou o seu desexo que no Parlamento expliquen as actitudes da dirección do hospital e da xerencia da área, e para eso rexistrou varias preguntas para resposta oral e escrita tanto en comisión coma en pleno. «Esto non pode volver ocurrir, porque os pacientes, os profesionais e os veciños e veciñas da Mariña merecen respecto por parte da dirección do Sergas, máxime despois de todo o que están a sufrir desde O Vicedo a Riotorto por toda a comarca co desmantelamento que o PP está levando a cabo na sanidade pública«, concluíu.

Comparte éste artículo
No hay comentarios