Resultados da Xornada Final da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas

Tivo lugar no pavillón municipal Coto Ferreiro de A Estrada este pasado sábado.

Esta competición de deporte base de 6 a 13 anos, por equipos mixtos, no que participaron preto de 500 deportistas, de 14 Clubs que representaron as 4 provincias Galegas, e foi toda unha festa para o deporte.

Esta competición de deporte base, tivo como obxectivo o fomento do deporte de base e a promoción entre os mais pequenos das loitas olímpicas.

A competición levouse a cabo en 7 tapices oficiais de loita para axilizar os enfrontamentos entre os diferentes clubs.

Os cruces entre os clubs, viñeron determinado pola clasificación nas xornadas previas (xornada norte e xornada sur da liga de deporte base), na que os 3 mellores equipos de cada fase, enfrontáronse entre si, nesta xornada final. E os 4 seguintes equipos de cada xornada, compitiron entre eles.

Os resultados finais foron:

1º- Club Keltoi de Vila de Cruces.
2º- Club San Ignacio de Vigo.
3º- Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.
4º  Club Graiño Team de A Coruña.
5º- Escuela Ayude de Santiso.
6º- Club de Loita Pontevedra.
7º- Club El Castro de Vigo.
8º- Club Atila de Ourense.
9º- Club Kuzushi de Vigo.
10º- Club Sport Times de Crecente.
11º- Club A Cambadela de A Estrada.
12º- Club Combatlón de Melide.
13º- Club Ciudad de Vigo.
14º- Club de Loita Lugo.

Cada ano, aumenta o número de participantes en esta liga de deporte base, co regulamento adaptado e limitado para facer mais segura a competición.

As mulleres representan mais de 1/3 dos participantes, sendo maioritarias en algúns clubs.

O Colexio Galego de Árbitros estivo presente para garantir o cumprimento do regulamento, así como numerosos árbitros colaboradores, que están facendo as súas primeiras prácticas en esta competición.

Para a entrega de trofeos estiveron presentes:

Don Juan López Campos, Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia e ex-alcalde de A Estrada.

Dna. Amalia Goldar Cora, Áreas de Benestar Social, Igualdade e Educación, así como a de Urbanismo: Don Jose Luis Olazabal Ibars, Presidente da Federación Galega de Loita e D.A.

Agradecer a colaboración do Concello de A Estrada, da Deputación de Pontevedra e da Secretaría Xeral para o Deporte, para levar a cabo esta competición. Poñer en valor o traballo do Club anfitrión, o Club A Cambadela de A Estrada, gran dinamizador das loitas no concello.

Comparte éste artículo
No hay comentarios