Comunicado do colectivo «Polos pacientes da Mariña» sobre Fisioterapia

A área sanitaria de Lugo, Cervo y Monforte foi creada co obxectivo de optimizar os recursos sanitarios e mellorar a coordinación entre atención primaria e hospitalaria, garantindo unha xestión mais eficiente e equitativa da asistencia sanitaria. Porén, a realidade actual na comarca da Mariña, integrada na área sanitaria do HULA y Monforte, contradice estes principios fundamentais.

Contamos con unha poboación superior a 63 000 habitantes, a día de hoxe existe un déficit en fisioterapia en atención primaria en varios centros, sendo especialmente grave o caso de Burela, que con cerca de 9500 habitantes non dispoña de un fisioterapeuta en atención primaria, sendo os únicos habitantes da comarca da Mariña que non teñen dereito ante unha doenza articular poidan ser derivados polo seu médico de atención primaria.

A esta situación súmase a ausencia do único médico rehabilitador, en febreiro e marzo non houbo consultas e en abril 15 días de consulta realizadas por 2 médicos desprazados desde Lugo, isto resulta nunha atención moi insuficiente, o que provocou un colapso asistencial nesta especialidade.

Presentamos atrasos significativos nas primeiras consultas e revisións, mais de 150 doentes pendentes de comenzar tratamiento rehabilitador e mais de 500 persoas derivadas desde atención primaria sen poder comenzar tratamento de fisioterapia pola falta de contratación de fisioterapeutas.

Mentres tanto, zonas como Monforte de Lemos (tamén parte da mesma área sanitaria provincial), con apenas 39 000 habitantes, dispón de 2 médicos rehabilitadores activos e unha dotación de fisioterapeutas mais proporcionada. Esta disparidade no reparto de recursos e inxustificable e contraria o principio de equidade que debería rexir a xestión integrada.

Esta situación non pode seguir prolongándose, xa que vulnera o dereito da cidadanía a unha atención sanitaria adecuada e contribuíndo ao deterioro progresivo da saúde de moitos doentes na espera de tratamentos fundamentais para a súa calidade de vida.

Comparte éste artículo
No hay comentarios