Nun comunicado conxunto de 14 asociacións pertencentes á Federación Lucus Augusti como protesta polo sucedido con dúas concelleiras do PP na festa da Milagrosa , onde as convidaron a saír e non estar presentes no pregón.
As AA.VV. Nova Lúa, Garaballa O Ceao, Piringalla, Castiñeiro Abella Pontenova, Lugo Norte Puente Romay Las Gándaras, Aira Bella Ferramulín, Entre Carrís, Piñeiro Rancho Grande, San Xosé Polvorín As Gándaras, Peizal Outeiro Pedreda, Los Tres Molinos de Bascuas, Toxo Longo San Salvador de Outeiro e o Motoclub Ciudad Norte Piringalla, como entidades veciñais comprometidas coa pluralidade, o respeto e o ben común, comunican a súa baixa da Federación de AA.VV. de Lugo “Lucus Augusti”.
A nosa decisión chega despois de moitos feitos anteriores pero o que nos fixo dar o paso definitivo foi a raíz dos feitos acontecidos recentemente nos que se impediu a participación de concelleiras do Partido Popular nun acto público celebrado o pasado venres 24 de maio no barrio da Milagrosa, un veto sin precedentes exercido dende a dirección da Federación.
Creemos que as asociación veciñais deben ser espazos de encontro, diálogo e construcción común. O noso traballo non pode nin debe supeditarse a intereses políticos nin á exclusión de quen pensa distinto.
Por todo isto e ante a deriva excluínte da actual dirección da Federación , decidimos dar un paso ó lado e romper formalmente a nosa vinculación coa Federación de AA.VV. “Lucus Augusti” ao entender que xa non representa os valores cos que nos identificamos.
A reacción da Federación “Lucus Augusti” ante este feito foi inexistente, nin se emitiu una condena pública nin se abriron canles de diálogo ou autocrítica. O silencio institucional non so é decepcionante, é una forma de complicidade que contribúe a normalizar comportamentos excluíntes.
Nembargantes, queremos comunicar que seguiremos traballando, como sempre fixemos, dende a liberdade, o respeto e a defensa dos intereses da veciñanza, tendendo a man a todas as administraccións e representantes públicos sexan do signo político que sexan porque entendemos que o diálogo e a colaboración son a única vía posible para mellorar os nosos barrios e parroquias.