Advirten que “a sanidade pública da Mariña está en situación crítica como consecuencia directa da supresión da Área Sanitaria, dos recortes, abandono e privatizacións impulsada pola Consellería de Sanidade”.













«Temos que mobilizarnos para defender unha das grandes conquistas sociais, como é a sanidade pública”. Sinalan que durante estos últimos dezaseis anos a sanidade publica da Mariña “leva soportando recortes e privatizacións que, ao final, que nos pagan son a ciudadanía con falta de persoal, de medios, máis listas de agarda e derivacións innecesarias ao HULA e hospitais privados”.
“Estamos diante dunha estratexia de acoso e derribo contra a sanidade pública da Mariña. Quen dirixe a nosa sanidade está decidido a facer negocio coa saúde da xente, e iso é algo que non podemos tolerar como sociedade”, afirman.