A Xunta de Persoal do Hospital da Mariña aclara: Non houbo reunión co PSOE

Ante a nota de prensa do PSOE onde literalmente afirma que «Lara Méndez mantuvo un encuentro con la junta de personal del hospital, a la que anunció esta «ofensiva parlamentaria» que preparan los socialistas gallegos para exigir al Gobierno autonómico que tenga en cuenta la «situación de asfixia» a la que a su juicio tiene sumido al hospital, con una población de referencia de «70.000 habitantes que se multiplican nas datas de verán», dende o máximo órgano oficial de representación das traballadoras e traballadores vense na obrigación de facer diversas aclaracións e desmentidos.
«A Xunta de Persoal é un órgano de representación dos traballadores dentro dunha empresa ou institución, especialmente no ámbito público», informan
Explican que «nunca tivo ningún problema para reunirse con calquera partido político pero por suposto previa «petición formal» á Presidencia da Xunta para que todas as OOSS teñan coñecemento para a súa aprobación e posterior reunión se procede. «, engaden.
«En ningún momento tivo lugar unha xuntanza oficial coa Xunta de Persoal, nin tampouco unha solicitude da mesma por parte do PSOE», aclaran dende a Xunta de Persoal.
«Lamentamos ter que enterarnos polos medios de comunicación dunha reunión que nunca tivo lugar, e afirman que non todo vale, e menos nun tema tan sensible como é a alarmante situación da sanidade pública na comarca», explican.
Por todo o anterior «desmentir de forma contundente que a Xunta de Persoal mantivera unha reunión co PSOE», conclúen.

Comparte éste artículo
No hay comentarios