Ana Miranda participa na Asemblea EUROLAT, na que será escollida copresidenta do Foro da Sociedade Civil

Bruselas, Bélgica.- 6 SEP 2022- Ana Pontón e ANA MIRANDA presentación no Parlamento Europeo como nova Eurodiputada. Photo Delmi Alvarez

A eurodeputada do BNG dará voz na Asemblea Euro-Latinoamericana aos problemas da cidadanía galega e europea e presentará varias emendas sobre extractivismo.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participa na XVI edición da Asemblea Euro-Latinoamerica (Eurolat), que terá lugar en Lima entre o 1 e o 3 de xuño. Nesta edición da asemblea, Ana Miranda asistecomo vicepresidenta, xa que nesta lexislatura o Bloque ten a Vicepresidencia 3ª da parte europea e, por primeira vez, exercerá a copresidencia do Foro da Sociedade Civil, no que dará vos aos problemas da cidadanía galega e europea. 

«Son necesarios espazos de diálogo político bilateral entre Europa e América Latina, conectadas pola historia, as migracións, os intercambios comerciais e a necesidade de consolidar unha relación de intercambio moi necesaria para ambos lados en igualdade e respecto da soberanía, que até agora non se tiña moi en conta”, subliña Ana Miranda. Neste sentido, a eurodeputada galega lembra que o BNG sempre apostou por esta relación de ponte atlántica cos países latinoamericanos. “Por iso é unha honra participar nesta asemblea, que a voz galega sexa a voz do grupo parlamentar no que está o Bloque e do internacionalismo co continente irmán”, afirmou.

Entre os temas que se tratarán no Eurolat, debateranse varios informes nas diversas comisións que integran a asemblea, como o informe dobre os dereitos da natureza ao que o BNG presentou diversas emendas, unha delas relativa aos problemas de extractivismo como o da empresa macrocelulosa Altri. 

Encontro co embaixador de Palestina

Neste contexto, Ana Miranda reunirase con representantes da sociedade civil de ambos continentes, encontros de gran importancia ao producirse nun momento no que hai graves ameazas ao espazo cívico con retrocesos en dereitos e liberdades polo avance do neofascismo, aumento  da precariedade e da pobreza e graves ataques á xustiza social por incumprimentos ou retrocesos nas leis sociais e os dereitos colectivos. En concreto, Perú viven unha etapa de inestabilidade, provocada por un goberno que só ten un 2% de apoio, con ameazas da minería ilegal e graves problemas de corrupción. Na axenda que desenvolverá ao longo destas xornadas de traballo, a eurodeputada do BNG reunirase tamén con forzas de esquerda, co obxectivo de preparar un bloque político social e popular para presentarse conxuntamente ás eleccións de 2026. Ademais, entre as reuniónsque manterá destaca tamén o encontro co Embaixador de Palestina no Perú e a participación na concentración de denuncia do xenocidio en Gaza pola acción de Israel, que terá lugar o sábado 1 de xuño.

A Asemblea Parlamentaria Euro-Latinoamericana (EuroLat) é unha AsembleaParlamentar multilateral, creada en 1999 e composta por 150 membros. Deles 75 proceden do Parlamento Europeo, entre eles o BNG representando ao grupo parlamentar Verdes-Alianza Libre Europea do que forma parte a forza galega,  e 75 da parte latinoamericana, incluídos Parlatino (Parlamento Latinoamericano), Parlandino (Parlamento Andino), Parlacen (Parlamento Centroamericano) e Parlasur (Parlamento del Mercosur).

Comparte éste artículo
No hay comentarios